16/05/11

CERTAME LITERARIO LUISA VILLALTA

Tamara leendo o seu poema na Casa da Cultura de Sada
O venres 13 de maio entregaronse os premios do certame Luisa Villalta,
Organizado polo IES Isaac Díaz Pardo de Sada Queremos transmitir os nosos parabéns a Tamara, alumna de 1ºde Bacharelato, por ter acadado o 1º Premio de poesía.



Tamara Paredes Gestal


Verbas meniñas

Ondeaban as escuras tebras
encabuxándose nos aloumiños do querer.
Ausencia lonxeva arredada,
encrucillados sarillos do remanecer.

Azarosos fareiros arrincando soidades,
protexendo débedas, amoreando elexías.
Desleixamentos procurando corredores envelenados;
tremendo nos mollados sorbos do percorrido.

Refluxos nas vangardas dos derramados.
Escarolas, condimentos de linguas.
Encirrantes amarguras arrecendadas;
hidras conturbadas dos propicios.

Esmorecen chuvieros de dor,
resisten océanos de detencións.
Achegan herdanzas e agora, sen ti,
anegan eternidades de humildade.

 Seráns ceibando sorrisos
 apreixaron calofríos paseniños.
 Coirazas impresas de sanguentos trallazos
 construíron cristais devecidos.

 Gramos de xofre esvaran na pel
 infiltrando o hedonismo prohibido.
 Acostumadas esvásticas funden o violín
 desgarrando o telón das cordas que acariñan.

O tacto cavernario sostenme no fume poeirento.
O compendio dos segundos queima a indiferencia.
Incansables igrexas abastardan as pertenzas
da liberdade nos muros, dos perversos.

Profanei os signos, gozei territorios,
amei as bágoas da conciencia.
Fracasei co abeiro do corazón,
o integrismo quedou ¡en ningures!




Grazas Tamara pola túa sensibilidade 



3 comentarios:

  1. Inés de Nieves12:23 p.m.

    Noraboa, Tamara. Coma sempre, es unha campiona.

    ResponderEliminar
  2. Menos mal que alguén participa.

    ResponderEliminar
  3. Quen somos?10:47 a.m.

    Van tres intentos de publicar o comentario do demo! (Esta Elisa é ben parva)
    Outra vez, parabéns á poeta. Unha suxerencia: poderíamos facer unha lectura de poemas GOBERNADA POR TAMARA. Na festa de fin de curso, por exemplo...na biblioteca, na herba, na cafetería...
    Que vos parece?

    ResponderEliminar