Por terceiro ano consecutivo, a nosa alumna de 2º de bacharelato, Tamara Paredes Gestal, gaña o Certame de poesía Luísa Villalta, organizado polo instituto Isaac Díaz Pardo, onde a recordada poeta era profesora.
É para nós unha grande satisfacción ver que dende hai catro anos, alumnado do IES O Mosteirón acada os primeiros postos neste importante certame, tanto na modalidade de poesía como na de relato curto.
A entrega de premios será o venres 11 ás 12,30 da mañá en Sada, na Casa da Cultura "Pintor Lloréns", e alí descubriremos se Tamara é premiada co primeiro ou co segundo posto. De calquera xeito, Tamara xa é unha campiona para nós e ofrecémoslle a nosa máis calorosa felicitación.
PARABÉNS!
Que orgullosos estamos de ti, Tamara!
ResponderEliminarGrazas por levar tan alto o nome do noso instituto.
Canta razón tes Inés,Tamara é unha campiona .
ResponderEliminarMoitos parabéns. Que mágoa me dá non poder ir o venres á entrega de premios. Morro de envexa!
Oe Tamara, isto de gañar tres veces ten moito mérito, pero moito, moito!!
Cantas alegrías nos dá esta moza!!!
Chincha, chincha... e non me quites o posto, que xa me pedín eu ir... ;)
EliminarO vindeiro curso téñense que presentar máis rapaces; este ano do noso instituto parece que poucos participaron e a verdade é que é unha mágoa...
ResponderEliminarTedes que animalos !!!
Tranquila, Tamara, seguro que no próximo ano haberá máis textos do instituto no certame. Esta racha de premios non pode parar...
EliminarPARABÉNS TAMARA...Temos unha escritora de primeira
ResponderEliminarGrazas polas alegrías que nós das