22/04/13

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

A UNESCO proclamou o 23 de abril Día Mundial do Libro por coincidir nesta data acontecementos literarios importantes a nivel interncional, o falecemento de Cervantes e Shakespeare entre outros.

«O libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A diversidad de libros e de contidos é unha fonte de enriquecimiento que debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando contra a uniformización cultural.»
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2013.

Un video para ilustrar a mensaxe anterior
 

A mellor homenaxe que podemos facerlle ao libro é, sen dúbida, perdernos entre as súas páxinas, regalarnos un tempo de lectura e compartir con outros o lido. 

Coma en anos anteriores, contamos cun texto orixinal co que PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro), agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Aquí tendes un fragmento

Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...

Pódese descargar AQUÍ  
Para conmemorar a data durante o segundo recreo entregaremos os premios do Concurso Fotolibro. Non faltedes, haberá unha sorpresa para os asistentes.
Feliz día do libro.
Grazas

Ningún comentario:

Publicar un comentario