Páginas

28/05/16

XA TEMOS GAÑADORAS!


O Concurso de Inglés "The T-shirt quiz" xa ten gañadoras.
Parabéns ás dúas!!

27/05/16

TEMOS BUZÓN!!

Xa está en marcha o buzón da Esperela. Esperamos impacientes as vosas suxestións!

Moitas grazas a Thainá e Sofía, sempre colaboradoras!!!

26/05/16

VISITA NA ESPERELA

Hoxe recibimos na Esperela a visita do alumnado de sexto de primaria do CEIP O Mosteirón que cursará estudos no noso centro o vindeiro curso. Foron acollidos por seis alumn@s voluntarios de cuarto de ESO que exerceron de cicerones e responderon ás súas preguntas. Grazas a tod@s!

23/05/16

MIRADE, MIRADE...


As butacas da Esperela cambiaron de cara grazas á nosa tapiceira particular, Belén, que hoxe as trouxo completamente transformadas: menuda artista!!