Páginas

20/04/18

VISITA A "MOITO CONTO"

Dentro das actividades do Día do Libro, o alumnado de 3º de ESO visitou hoxe a libraría "Moito Conto" da Coruña, onde tod@s mercamos libros para A Esperela. Volvimos para O Mosteirón tan contentos, cuns trinta libros novos e un sorriso na cara.
Moitas grazas a estas libreiras!!

19/04/18

MOBILIARIO NOVO


Para facilitar as consultas, na Esperela temos un carriño novo con libros ilustrados e banda deseñada de Historia. Que vos parece?

18/04/18

PRESUME DE LER E DÉIXATE VER

Nesta semana do Libro, comezamos coa nosa actividade "Presume de ler e déixate ver". Atendede ás recomendacións dos compañeiros e compañeiras...


17/04/18

LEMBRANDO A GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ


Hoxe cúmprense catro anos do pasamento de Gabriel García Márquez, un dos escritores máis importantes do século XX. Representante do realismo máxico, obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982.

16/04/18

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE


Héctor Cajaraville visitou hoxe A Esperela para falar co alumnado de 4º de ESO do seu libro A caixiña dos rancores. Que a gusto estivemos! Grazas, Héctor!