Páginas

A QUE SABE A LÚA?


O conto na clase de Infantil de tres anos saiu tan ben, que repetimos en Infantil de catro anos e despois contámolo para segundo de ESO. Foi precioso! Na biblioteca non podemos estar máis contentas!! Parabéns ao alumnado de 4º!!!

HOXE, ATRAPASOÑOS


A lectura desta sesión dos Atrapasoños foi un relato pertencente ao libro Crónicas Marcianas, de Ray Bradbury. Hoxe, algunhas Atrapasoños maiores quixeron vir tamén, xa saben que queda pouco...

30/05/18

DESPEDIMOS O VOLUNTARIADO


Hoxe despedimos oficialmente o voluntariado deste curso. Este grupiño de once rapaces e rapazas acabou o seu labor. Non hai palabras para agradecer o seu traballo (en horas e en calidade), dedicación, bo humor e constancia. 
Moitas grazas, rapazada, sodes do milloriño!!

28/05/18

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL


Hoxe tivemos na Esperela un novo Encontro de Orientación Profesional coa presenza de dous queridos ex alumnos, Lucía e Diego, que compartiron con nós a súa experiencia persoal e instaron o alumnado a formarse e aprender.
Que alegría tan grande que pasen os anos e estes amigos volvan a casa!!
Moitas grazas!!!