Páginas

15/02/19

OUTRA DE ATRAPASOÑOS


Na sesión de hoxe de Atrapasoños lemos o relato "Cordelias", de Adela Fernández, un conto cheo de imaxinación e misterio.


Tedes máis información no blog de Atrapasoños!!

12/02/19

ANDREA MACEIRAS NA ESPERELA



Grazas ao Departamento de Lingua Galega, hoxe tivemos na Esperela á escritora Andrea Maceiras, que veu presentar o seu libro, O que sei do silencio, e falou  co alumnado de 3º do seu tema: o acoso escolar.


Grazas, Andrea!!

11/02/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Aproveitamos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para difundir a publicación por parte de Xerais do segundo volume de Pioneiras 2, Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez e con ilustracións de Abi Castillo.

10/02/19

CLARA CAMPOAMOR



O 12 de febreiro de 1888 nacía Clara Campoamor. O 1 de outubro de 1931, as mulleres acadaban o dereito ao voto en España por 161 votos fronte a 131. A deputada Campoamor defendeuno así fronte a Victoria Kent.