Páginas

26/04/19

UNHA NOVA DE ATRAPASOÑOS!


Na sesión de hoxe, os Atrapasoños lemos un relato de intriga de Roald Dahl, Cordeiro asado.
Xa sabedes que na Esperela temos moitos libros deste autor, cal é o voso favorito?



Máis información no blog dos Atrapasoños!

25/04/19

TEMOS "MOITO CONTO"!!!

Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!


Grazas, un ano máis, por recibirnos e informarnos tan ben!




24/04/19

IDA VITALE, PREMIO CERVANTES


A poeta Ida Vitale recolle o Premio Cervantes. Tedes o seu discurso de aceptación do galardón AQUÍ.