Páginas

17/05/19

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Para celebrar o noso Día das Letras, na Esperela adoitamos facer un agasallo para o alumnado do instituto. Gustouvos o deste ano?

15/05/19

EDWARD HOPPER

Edward Hopper foi un pintor estadounidense, famoso polos seus retratos da soidade da vida americana contemporánea. Morreu o 15 de maio de 1967.

14/05/19

PIONEIRAS 2


O segundo volume de Pioneiras, galegas que abriron camiño, xa está na Esperela.
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... Este segundo volume  fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.

13/05/19

AS LETRAS NA ESPERELA


A nosa Esperela xa se está preparando para 
o Día Grande.