11/06/18

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL


Hoxe rematamos os Encontros de Orientación Profesional deste curso coa mellor compañía. Sabela e Laura compartiron con nós as súas dúbidas e tamén as súas certezas. Elas son un exemplo claro de que o saber sempre suma, sempre abre portas. 
As profesoras estamos moi emocionadas, aquelas nenas de hai uns anos non perderon a curiosidade nin o desexo de saber e de ensinar. Volven ao seu instituto con ilusión, coma quen volve a casa.

07/06/18

A ÚLTIMA DOS ATRAPASOÑOS


Hoxe tivemos a última sesión dos Atrapasoños deste curso. Reunimos os dous grupos, tomamos un almorzo e lemos entre todos uns microrrelatos. Que encontros tan agradables tivemos estes meses! Grazas a Belén por facelo posible!

04/06/18

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL



A sesión de hoxe foi un auténtico pracer: os nosos profes, Clara e Javier, tiñan tanto que contar e ensinar, e tan interesante, que o tempo non chegou a nada... As bibliotecarias non podemos estar máis contentas e orgullosas!! Grazas outra vez!!!

AQUÍ tedes o canal de youtube de Javi.

30/05/18

DESPEDIMOS O VOLUNTARIADO


Hoxe despedimos oficialmente o voluntariado deste curso. Este grupiño de once rapaces e rapazas acabou o seu labor. Non hai palabras para agradecer o seu traballo (en horas e en calidade), dedicación, bo humor e constancia. 
Moitas grazas, rapazada, sodes do milloriño!!