15/11/18

IDA VITALE, PREMIO CERVANTES 2018

A poeta Ida Vitale (Montevideo, 1923) acaba de ser galardoada co Premio Cervantes 2018, considerado o Nobel da literatura en castelán. Vitale, cunha obra caracterizada polos poemas curtos, busca o sentido das palabras e é representante da poesía esencialista.

.

Invierno


Como las gotas en el vidrio,
como las gotas de la lluvia
en una tarde somnolienta,
exactamente iguales,
superficiales,
ávidas todas,
breves,
se hieren y se funden,
tan, tan breves
que no podrían dar cabida al miedo,
que el espanto no debiera hacer huella
en nosotros.
Después, ya muertos, rodaremos,
redondos y olvidados.

14/11/18

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Este ano, o manifesto asínao Luis Navarro, profesor de Bioloxía na Universidade de Vigo. Aquí tedes tamén materiais para actividades.

13/11/18

MORRE STAN LEE

Stan Lee foi un editor e escritor de cómics estadounidense, coñecido principalmente por ser o creador do universo Marvel, con personaxes tan icónicos como Spiderman, Hulk, Iron Man, Os 4  Fantásticos, Thor, X-Men...


12/11/18

ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Hoxe tivemos a primeira sesión dos Encontros de Orientación Profesional da man de Tamara Paredes e Pablo Díaz, exalumnos do noso IES que compartiron con nós as súas experiencias.
Moitas grazas!! Sempre é un pracer contar con vós!