22/10/11

IMAXE DO DÍA


Coñecedes as tiras de Macanudo do historietista arxentino Liniers?

LEONARD COHEN RECOLLE O SEU PREMIO

  Leonard Cohen, en Oviedo
O poeta e músico Leonard Cohen recolleu onte o seu premio Príncipe de Asturias de las Letras cun emotivo discurso que podedes ler aquí.

"A poesía ven dun lugar que ninguén controla, que ninguén conquista", dixo e reiterou a súa débeda coa poesía de Federico García Lorca, do que musicou este precioso "Pequeño Vals Vienés".


2012, ANO CELSO EMILIO FERREIRO


O Parlamento de Galicia acordou declarar o 2012 como Ano de Celso Emilio Ferreiro por coincidir co centenario do seu nacemento.
Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros fundamentais para entender a literatura galega contemporánea.


Seguro que moitos coñecedes este poema, "Deitado frente ao mar", interpretado como rap polo grupo "Dios ke te crew".

                                                  

20/10/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver 

                    Manuel Manovel Santa Cruz, 3º ESO B                        

El local, Gipi
El local é obra do autor italiano Gipi. O libro fala de catro adolescentes que buscan na música un lugar onde ser outra cousa ou aspirar a outra cousa, aínda que ao final a realidade acabará por impoñerse.
O libro divídese en cinco cancións e cada unha conta unha historia que relata os sentimentos dos personaxes.
Recomendo este libro especialmente á xente que estea interesada pola música ou polos cómics.
      

IMAXE DO DÍA


 

19/10/11

CHEGAN AS AVENTURAS DE TINTÍN!!

A esperada película "Las aventuras de Tintín: El secreto del Unicornio" chega aos nosos cines o 28 de outubro da man do director Steven Spielberg.
A película céntrase no misterio que oculta a maqueta dun barco que Tintín merca para regalar ao seu amigo Haddock; tras o insólito interese dunhas persoas por reproducir o navío, Tintín descobre que hai tres modelos similares, ocultos neles uns pergamiños que o transportarían ao tesouro do pirata Rackham o Vermello...


LEONARD COHEN


 Leonard Cohen


  Leonard Cohen, premio Príncipe de Asturias de las Letras.
 Leonard Cohen naceu en Montreal en 1934. Poeta, novelista e músico internacionalmente recoñecido, gravou dezasete álbumes e moitos discos de homenaxe, en diversas linguas, celebran as súas cancións. É autor tamén dunha ducia de libros. Os seus títulos máis recentes son os volumes de poemas Stranger Music e Book of Longing. Leonard Cohen é un referente da cultura dos nosos días.

No seguinte vídeo podedes velo na súa faceta de cantautor. A canción titúlase "Suzanne"


17/10/11

MANUEL RIVAS, PARABÉNS!

A Universidade de A Coruña (UDC) aprobou esta mañá conceder o grao de doutor honoris causa ao escritor Manuel Rivas. A UDC  destacou o prolífica carreira de Rivas, un dos autores máis importantes en lingua galega. Entre as súas obras podemos destacar Que me queres, amor?, O lapis do carpinteiro, Os libros arden mal e a súa última novela, Todo é silencio, que está a levar ao cine o director José Luis Cuerda.
Lembrades A lingua das bolboretas? Aquí tedes un anaco da versión cinematográfica (tamén de José Luis Cuerda).


MIGUEL DELIBES

Hoxe é o aniversario do nacemento do escritor Miguel Delibes Setién (Valladolid, 17 de outubro de 1920-12 de marzo 2010), unha das grandes figuras da literatura española posterior á Guerra Civil. Levou infinidade de premios e recoñecementos e moitas das súas obras adaptáronse ao teatro e ao cine. Algúns dos seus títulos máis coñecidos son: El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953),  La hoja roja (1959), Las ratas (1962), Cinco horas con Mario (1966) ou El príncipe destronado (1973). Ésta última é lectura obrigatoria en 3º de ESO no 1º trimestre.  

Aquí tedes un fragmento da versión cinematográfica de El camino, dirixida por Ana Mariscal.   

IMAXE DO DÍA


16/10/11

O DINOSAURO

Coñecedes o conto do escritor hispanoamericano Augusto Monterroso?
Esta simple frase, un microrrelato cheo de sarcasmo que o lector debe interpretar, fixo célebre ao seu autor.

"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí".

Neste vídeo, diferentes directores fan a súa "microinterpretación" do microrrelato...



Cal é a que máis vos gusta?

ÓSCAR WILDE

Óscar Wilde foi un escritor irlandés nado en Doublin o 16 de outubro de 1854, no seo dunha familia acomodada con bos fundamentos culturais.
Poeta, ensaísta, novelista e dramaturgo, estudou no Trinity College de Doublin e posteriormente na Universidade de Oxford, grazas a unha bolsa obtida polos seus brillantes traballos en latín e grego.
Aos 24 anos obtivo o título de Bachelor of Arts con máximos honores. De alí en diante, xa instalado en Londres, publicou obras de gran fama, en poesía, novela, ensaio e teatro, como: Poemas (1881), A pantasma de Canterville (1887), O retrato de Dorian Gray (1891), O abano de Lady Windermere, (1892), Unha muller sen importancia (1893), A importancia de chamarse Ernesto (1895) y A balada do cárcere de Reading (1898).

                      El reflejo. Oscar Wilde

Cuando murió Narciso las flores de los campos quedaron desoladas y solicitaron al río gotas de agua para llorarlo.
-¡Oh! -les respondió el río- aun cuando todas mis gotas de agua se convirtieran en lágrimas, no tendría suficientes para llorar yo mismo a Narciso: yo lo amaba.
-¡Oh! -prosiguieron las flores de los campos- ¿cómo no ibas a amar a Narciso? Era hermoso.
-¿Era hermoso? -preguntó el río.
-¿Y quién mejor que tú para saberlo? -dijeron las flores-. Todos los días se inclinaba sobre tu ribazo, contemplaba en tus aguas su belleza...
-Si yo lo amaba -respondió el río- es porque, cuando se inclinaba sobre mí, veía yo en sus ojos el reflejo de mis aguas.