Aquí tedes todas as lecturas que os Atrapasoños fixemos neste curso. Esta actividade tan bonita non sería posible sen Belén, que traballa moito e moi ben, e sen vós, o alumnado participativo e disposto sempre a compartir tempo e historias. Grazas!!
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades b>. Amosar todas as publicacións
19/06/19
18/05/19
14/05/19
PIONEIRAS 2
O segundo volume de Pioneiras, galegas que abriron camiño, xa está na Esperela.
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... Este segundo volume fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.
03/04/19
APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe aproveitamos para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil cunha nova visita ao CEIP O Mosteirón, nesta ocasión para visitar o alumnado máis pequeniño do centro.
A experiencia, coma sempre, inesquecible! Grazas á titora por permitirnos desfrutar compartindo.
01/04/19
29/03/19
O ÚLTIMO ATRAPASOÑOS DE MARZO
O relato de hoxe leva como título Historia completamente absurda, e pertence ao escritor italiano Giovanni Papini.
26/03/19
VISITAMOS A BIBLIOTECA DE SADA
Hoxe, A Esperela tiña programada unha actividade para 2º ESO: a visita á Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Fixémolo en dous grupos para poder aproveitala ben: coñecimos os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... Rematamos cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira. Unha visita ben completiña!!!
24/03/19
21/02/19
08/02/19
21/01/19
16/01/19
14/01/19
12/01/19
ATRAPASOÑOS NO 2019
Na primeira sesión de Atrapasoños de 2019 a nosa lectura foi o relato "Mans". A súa autora é a escritora arxentina Elsa Bornemann e forma parte do libro !Socorro!(Doce cuentos para caer de miedo). O certo é que medo pasamos...
Tedes máis información no blog de Atrapasoños!
11/12/18
10/12/18
05/12/18
DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO
No Día Internacional do Voluntariado, nós seguimos a traballar co noso alumnado voluntario na Esperela...
03/12/18
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no noso centro queremos poñernos na pel das persoas con dificultades motóricas, auditivas ou visuais.
24/11/18
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























