31/12/11

FELIZ 2012!


"O meu segredo é moi sinxelo: só se ve ben co corazón; 
o esencial é invisible aos ollos".


O principiño, Antoine de Saint-Exupéry

A Esperela deséxavos un ano repleto de sorpresas marabillosas.

24/12/11

BO NADAL!

DENDE A ESPERELA DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS 
CHEAS DE BOAS LECTURAS


                           

23/12/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Adán Méndez Varela, 4º ESO
Poetízate, Fran Alonso
Neste curso mandáronme ler o libro de Poetízate. O primeiro que pensei foi "outra vez poesía, todos eses poemas que tanto custa entender", pero cando o fun mercar e vin a portada foi como se o libro me chamase.
Cando cheguei a casa empecei a ollar as follas, pareime na 110 e lin o poema que nela aparecía, "Voz sen verbas". Este poema encantoume e decidín volver ao principio e lelos todos, cousa que ao contrario do que me imaxinaba non me custou. Aínda así o que máis me atraía era "Voz sen verbas", de Antonio García Teijeiro.
Por todo isto, pídolle á xente coma min en especial, esas persoas as que non lles gusta ler ou que len e a poesía lles parece aburrido, que lean Poetízate e xa verán como cambian de opinión como fixen eu.

21/12/11

A CURTA MÁIS CURTA

Unha de vampiros para empezar as vacacións...

                         

20/12/11

LECTURAS PARA O NADAL

Podedes consultar as guías elaborados polo equipo da biblioteca para que desfrutedes dos libros durante as vacacións.

                          



                          


Non deixes de pasar pola biblioteca e "cárgate" de libros para o Nadal.
FELICES FESTAS

19/12/11

UN DIOS SALVAJE


Unha recomendación para ir ao cine este Nadal:
Un Dios Salvaje, é a adaptación que Roman Polanski fixo da obra de teatro do mesmo título da escritora francesa Yasmina Reza.
O argumento é sinxelo: dúas parellas reúnense para falar sobre a pelexa que mantiveron os seus fillos no parque. O que nun principio parece unha conversa tranquila entre persoas civilizadas, axiña todo se complicará ata límites insospeitados...


17/12/11

LEMBRANDO A ANTONIO VEGA

Onte, Antonio Vega cumpriría 54 anos...


Antonio Vega (1957-2009) foi un autor, escritor, compositor e cantante español. En 1978 formou xunto co seu curmán Nacho García Vega o grupo Nacha Pop. Publicaron o seu primeiro disco en 1980 e o grupo separouse en 1988, empezando así Antonio Vega unha carreira en solitario. É considerado un dos compositores fundamentais da escena pop.
Este vídeo é da súa primeira actuación en televisión tocando "Chica de ayer", Antonio só tiña 23 anos...


16/12/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Pedro Raíces Sopalska, 3º ESO B

Koma, Wazem-Peeters

Esta saga de cómics escrita por Wazem y Peeters está compuesta por seis libros. La historia trata de una niña, Addidas, que limpia chimeneas con su padre. Debido a este trabajo tan dañino para la salud, la madre murió y Addidas tiene una enfermedad. Un día, en el trabajo, Addidas se pierde por las chimeneas y encuentra un nuevo mundo en el que hay monstruos que controlan la salud de las personas con máquinas...
Recomiendo este libro a la gente a la que le gusten los cómics y los buenos dibujos.



13/12/11

JOAN MANUEL SERRAT E OS DEREITOS HUMANOS

O cantautor Joan Manuel Serrat vén de recibir o Premio Especial Ojo Crítico 2011, que destaca o seu talento para converterse nun símbolo mundialmente recoñecido. O músico catalán, durante os seus case 50 anos de carreira, foi capaz de "crear composicións tan fermosas que perduran na memoria de varias xeracións e no espírito de persoas de todo tipo de ideoloxías" e "encher de notas os versos que herdamos de Miguel Hernández, Antonio Machado ou Mario Benedetti".
Serrat tamén é un activista na loita polo respecto aos dereitos humanos.
Joan Manuel Serrat le en Madrid o manifesto en defensa dos dereitos humanos.

12/12/11

PAULA CARBALLEIRA





A escritora, directora e actriz Paula Carballeira acaba de recibir, por segunda vez, o premio Manuel María de literatura dramática infantil polo seu libro O refugallo, no que a autora, que afirma que vai empregar os cartos do premio en novos proxectos para a súa compañía teatral Berrobambán, fala "do que se prescinde e se tira, como pode ser a cultura ou o teatro nestes tempos...que se reconstrúe a través da capacidade que teñen os nenos de imaxinar". 




Paula Carballeira (Fene, 1972) dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende o ano 1994 e é autora de numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, como Smara, Olo-iepu-iepu, Boas noites...
É membro da compañía Berrobambán dende 1996, pero tamén desenvolve a súa traxectoria como actriz e directora noutras compañías, como o Centro Dramático Galego, Talía Teatro ou Magrinyana
Paula traballa tamén como contadora de contos e actriz en diferentes series e espazos da TVG e como colaboradora na Radio Galega.

11/12/11

IMAGINE

                               
Este xoves cumpríronse 31 anos do asasinato en Manhattan de John Lennon, músico multiinstrumentista e compositor ademais de firme activista pola paz xunto á súa muller, Yoko Ono. Algunhas das súas cancións adoptáronse como himnos por movementos contra a guerra.  
Nesta semana, na que tanto imos falar de dereitos humanos, non queremos esquecer as súas palabras na canción Imagine: "Imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz...



 ....dirás que son un soñador, pero non son o único". 

DEREITOS HUMANOS: VIÑETAS...PARA PENSAR

Aquí vos deixamos as viñetas que están expostas no recibidor do Instituto.
Pensamentos de moitos autores diferentes sobre a situación, violacións permanentes dos dereitos que nos demos para recoñecernos máis humanos.



Ilustra coa túa palabra o que pensas sobre o estado de cumprimento da Declaración dos Dereitos Humanos.

10/12/11

10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


Sesenta e tres anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

09/12/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Sara Suárez Carnota, 3º ESO B

Arrugas, Paco Roca

Arrugas es un cómic que trata de un señor de edad avanzada que comienza a padecer alzheimer e intenta hacer todo lo posible por no subir a la planta de arriba de la residencia, un lugar muy deprimente en el que están los señores y señoras que no pueden valerse por sí mismos.
Yo, personalmente, recomiendo este cómic porque es muy entretenido y me ha parecido muy interesante el modo en el que trata el tema del alzheimer. Además, creo que tiene unas viñetas muy buenas, con mucha riqueza en detalles.

Parece que ao resto da clase tamén lles gusta Arrugas...


08/12/11

A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS

A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS
10 DECEMBRO 2011, LXIII ANIVERSARIO

Exposición da Declaración Universal dos Dereitos Humanos comentada por ilustradores. A partir do venres 9 no recibidor.

                               


CINE DOCUMENTAL EN ESPAZO CINEMA:
Proxección de Invisibles (Médicos sen Fronteiras: un percorrido polos conflitos esquecidos)

LUNS 12, 12:10: Cartas a Nora. Dir. Isabel Coixet.
MARTES 13, 10:10: Crímenes Invisibles. Dir. Win Wenders.
MÉRCORES 14, 10:10: Buenas noches, Ouma. Dir. Fernando León de Aranoa.
XOVES 15, 10:10: La única medicina. Dir. Mariano Barroso.
VENRES 16, 10:10: La voz de las piedras. Dir. Javier Corcuera.

Esperamos comentarios en www.biblioaesperela.blogspot.com

 

07/12/11

PREMIOS NACIONAIS ÁS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS


O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á Consellería de Educación que no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011, acadaron galardón seis bibliotecas escolares desta comunidade. Por segundo ano consecutivo, o primeiro premio na modalidade de ensino infantil e primario é para un centro galego. Velaquí a relación de centros premiados:
Parabéns ás comunidades educativas destes centros polo esforzo realizado, e polo recoñecemento que estes premios supoñen á profesionalidade e o compromiso do profesorado que pon en marcha e mantén estas bibliotecas, estes espazos educativos de primeiro nivel. As nenas e os nenos que se forman nelas como lectores e como cidadáns, ben o merecen.

A ENTREVISTA

O alumnado de 3º de ESO está a investigar no tema das entrevistas: que son, como se fan, que partes teñen... Cada rapaz fixo a súa, nós escollimos tres pola súa forma e polo interese do seu contido. 
Se queredes saber máis, mirade este glogster...

04/12/11

PREMIO IBEROAMERICANO PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



O escritor Agustín Fernández Paz, autor das novelas Aire negro, As flores radiactivas, Cartas de inverno e Corredores de sombra, entre outros títulos, foi galardoado o pasado 29 de novembro co VII Premio Iberoamericano SM de Literatura   Infantil e Xuvenil "polo seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil   en lingua galega". 
Podedes ler aquí o emotivo discurso que pronunciou, Ler para transformar o mundo.

Nacido en Vilalba en 1947, Agustín Fernández Paz é autor de máis de 45 obras dirixidas aos lectores infantís e xuvenís. Os seus libros, escritos orixinalmente en galego, tradúcense ao español, o catalán e o eúscaro, ademais do coreano, o portugués, o francés, o árabe e o italiano.

Fernández Paz foi recoñecido en dúas ocasións como Mellor Autor do Ano. Tamén obtivo o Premio ao Mellor Libro Infantil do Ano que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Cultura.
   
Na Esperela aínda lembramos a súa visita hai tres anos...


Se queres coñecer mellor a súa obra, pasa pola Esperela
PARABÉNS, AGUSTÍN!!!!!!

03/12/11

ARTEFACTOS DE NICANOR PARRA

Nicanor Parra escribe unha serie nova de antipoemas en forma de tarxetas postais presentadas nunha caixa de cartón. O conxunto chámase Artefactos (1972) e combina códigos lingüísticos e visuais en forma de debuxos, fotografías, caligrafías, etc. O resultado pode considerarse unha obra en movemento. 
Se entendemos un artefacto como unha carga explosiva, veremos que estas pezas son obras de arte a punto de estoupar, que as ideas do autor se poñen en contacto cos lectores por medio dun tipo de son explosivo.

                      Artefactos Nicanor Parra

02/12/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Sara Canle, 3º ESO A
Proyecto Amanda: Invisible, Melissa Kantor

Es un libro de misterio sobre una niña desaparecida. Pero no es el típico libro que trata del dolor de su madre o de su padre, sino que sus padres y ella han desaparecido, de hecho nunca se ha visto a sus padres. Amanda, se llama la niña, les deja pistas a sus amigos para que le sigan el rastro y conozcan más sus intereses y cualidades.
Es el primer libro de una serie que ya tiene un segundo. Todos estos libros están escritos por chicos de nuestra edad y tienen una página web donde la gente deja ideas y así completan los libros.

                            

01/12/11

NORABOA, POETA!


O escritor chileno Nicanor Parra , coñecido como creador da “antipoesía", gañou o Premio Cervantes 2011 , considerado o máis importante galardón das letras hispánicas por “unha traxectoria moi ampla, toda unha vida dedicada á poesía”. 

Parra  naceu en Chile o 5 de setembro de 1914 no seo dunha modesta familia pero rodeado dun ambiente artístico.  O seu primeiro libro foi publicado en 1937 co título Cancionero sin nombre. Co paso dos anos adoptou unha liña denominada por el mesmo como ANTIPOESÍA, que supuxo a introdución da linguaxe cotiá na poesía tradicional. A principal mostra desta tendencia queda plasmada en Poemas y antipoemas, 1954.

Aquí tedes, na súa voz, o seu poema Autorretrato:



       Cartas a una desconocida    
                                       

Cuando pasen los años, cuando pasen 
los años y el aire haya cavado un foso 
entre tu alma y la mía; cuando pasen los años 
y yo sólo sea un hombre que amó, 
un ser que se detuvo un instante frente a tus labios, 
un pobre hombre cansado de andar por los jardines, 
¿dónde estarás tú? ¡Dónde 
estarás, oh hija de mis besos!