22/04/17

MOITO CONTO!!


Anticipándonos ao Día do Libro, hoxe visitamos "Moito Conto". A idea era que os rapaces e rapazas de 3º de ESO gozasen da visita a unha libraría e tivesen a posibilidade de escoller e mercar os libros que eles queren para a biblioteca. 
A experiencia resultou un éxito: mercamos 36 libros moi variados: filosofía, sicoloxía, chistes, fantasía, biografías, terror, cómics, romanticismo... Todos marchamos moi contentos e con ganas de ler os nosos libros. Esta semana rexistrámolos e xa os podedes levar para casa!!
MOITO CONTO on PhotoPeach
Grazas ás libreiras de Moito Conto 
pola paciencia e os bos consellos!!!

20/04/17

EDUARDO MENDOZA, PREMIO CERVANTES 2016


Eduardo Mendoza ven de recibir hoxe o Premio Cervantes 2016, o premio das letras máis importante da lingua española.
O escritor, con quince novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios, é o autor de Sin noticias de Gurb, lectura no segundo trimestre en 4º de ESO.
Mendoza lembrou hoxe a importancia que para el tiveron as sucesivas lecturas que fixo do Quijote e como Cervantes determinou a súa vocación.

19/04/17

POESÍA EN TERCEIRO DE ESO

O alumnado de 3º de ESO anda a traballar a poesía visual e o haiku. Todo isto publicouse recollido nun fanzine que lles quedou ben bonito...
POESÍA on PhotoPeach

17/04/17

NOVIDADES

En vista do éxito de La lección de August, xa tedes na Esperela as continuacións da colección Wonder. Veña, que voan...