05/11/13

CONCURSO XEROGLÍFICOS: ENTREGA DE PREMIOS

Hoxe asistimos á sesión de desempate entre os participantes no concurso que acertaron mais xeroglíficos.
Yulisa e  Juan en pleno traballo
                                                          

Juan foi o primeiro en lograr a solución e merecer o premio: un libro, un xogo de estratexia e un vale de 10 € para gastar na cafetería (decidiron compartilo). 
Parabéns 
Este foi o xeroglífico a resolver 
Agora tócache intentalo...non vale preguntarlle a Juan nin a Yulisa. Podes dar a túa solución como comentario. 
Grazas a todos os participantes.

04/11/13

MIGUEL ANXO PRADO: PREMIO NACIONAL DE CÓMIC

Esta obra que xa fora declarada Mejor Obra de Autor Español do 2012 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, é a primeira banda deseñada galega que acada este galardón.
O xurado destacou o caracter poético da obra, que mestura a realidade co soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
Parabéns para o autor e para toda a banda deseñada galega. 
Obras do autor na biblioteca:
                                                         

CONCURSO PROCURA CON CIENCIA


CONCURSO

PROCURA CON CIENCIA


Durante o mes de novembro formularanse catro preguntas (unha por semana) relacionadas coa CIENCIA.
Trátase de que atopes a resposta correcta empregando os recursos que tes na túa biblioteca.

Haberá premios para os gañadores e gañadoras. 
Anímate e participa!

BASES DO CONCURSO:

1.- Poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas que teñan interese en aprender algo novo sobre a CIENCIA.

2.- A forma de participar será en grupos de dous alumnos/as do mesmo ciclo da ESO.

3.- A pregunta semanal (unha para o primeiro ciclo e outra para o segundo ciclo) aparacerá os luns publicada nos taboleiros das aulas e no taboleiro e no blog da biblioteca. Haberá que dar a resposta antes do venres da mesma semana que se formulou a pregunta.

4. A resposta hai que anotala na folla que facilitarán para tal fin os colaboradores/as da biblioteca (amarela para o primeiro ciclo e branca para o segundo ciclo). Deberá ir acompañada dos datos da fonte (libro, enciclopedia, revista, etc.) na que se atopa. Estos datos hai que indicalos correctamente: título da obra (e páxina) así como o autor/a da mesma.

5.- De comprobarse que a resposta non aparece na fonte indicada, aínda que sexa correcta, non se dará por válida.

6.- O venres de cada semana publicarase a listaxe cos gañadores/as xunto coa resposta correcta.

7.- En caso de empate formularanse novas preguntas.

PREGUNTAS:
1ª- 1º CICLO:
Pregúntanlle a J.C. Polanyi por que os científicos teñen a necesidade de explicalo todo e este contesta citando a Sócrates.
Averigua que contesta Sócrates hai tres mil anos

1ª- 2º CICLO:
Cando unha substancia en estado líquido arrefríase contrae o seu volume. Se a temperatura baixa o suficiente (punto de fusión) esta substancia cambia de estado de líquido a sólido e a súa densidade aumenta. Segundo isto,
Por que o xeo flota sobre a auga?
Por que esta característica da auga é especialmente útil para a vida?
Busca parella e investiga!