18/01/19

OUTRA DE ATRAPASOÑOS

No Atrapasoños de hoxe, o texto escollido foi "Deixar a Matilde", do autor italiano Alberto Moravia. Un relato de amor e dúbidas...
Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños!

17/01/19

OBRADOIRO DE TEATRO NA ESPERELA


Alba Bermúdez e Tone Martínez son dous licenciados en Arte Dramático, actores e profesores de teatro, que en 2013 crearon en Carballo a compañía teatral Galeteatro. Na actualidade está en cartel a súa obra "Muiñada".
Este luns 21 de xaneiro estarán na Esperela impartindo un Obradoiro de Teatro para 3º de ESO.

POPEYE O MARIÑO


Popeye O Mariño é un famoso personaxe de cómic e de curtametraxes creado por Elzie Crisler Segar. Apareceu por primeira vez no xornal o 17 de xaneiro de 1927.

16/01/19

RADIO NACIONAL


Hoxe A Esperela levou o noso alumnado de 4º de ESO a coñecer Radio Nacional. Pasámolo moi ben e tivemos tamén a oportunidade de "dar as noticias"...





15/01/19

MULLERES DE CIENCIA

MUJERES DE CIENCIA [CARTONE] | IGNOTOFSKY, RACHEL | Akira Comics  - libreria donde comprar comics, juegos y libros online

As contribucións de cincuenta mulleres aos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas, dende o mundo antigo ata os nosos días.