22/11/13

DORIS LESSING.

Grazas a Biblioteca do IES Concepción Arenal podemos coñecer un pouco mais a escritora Doris Lessing.
GRAZAS por tan excelente traballo

Unha muller defensora dos dereitos da muller, imprescindible.

18/11/13

PROCURA CON CIENCIA II

RESPOSTAS

1º e 2º ESO
PREGUNTA: Cal é a orixe da palabra ROBOT?

A palabra ROBOT foi creada en 1920 polo escritor checo Karel Capek na súa obra de teatro Los robots universales de Rossum para dar nome a un androide construído por un sabio, capaz de levar a cabo todos os traballos normalmente executados polo home.



Gran Enciclolpedia Larousse, Tomo 20, página 9.499

Gran Enciclopedia Planeta, Tomo 17, página 8.432

3º e 4º ESO

PREGUNTA: Pódese ferver auga nun recipiente de papel?

RESPOSTA

Aínda que pareza incrible pódese, sempre que sexa capaz de soster o peso da auga. Toda a calor que recibe o papel transmítese rapidamente á auga. Mentres quede unha gota de auga, o papel non se queimará.



A auga ferve, a presión normal (1 atm), a 100ºC. A esa temperatura o papel non arde xa que necesita unha temperatura superior; en concreto, a temperatura de combustión do papel é de 232,7ºC.



A temperatura de combustión do papel en grados Fahrenheit é de 451ºF, título dunha novela publicada en 1953 polo escritor estadounidense Ray Bradbury



Bradbury R. Fahrenheit 451, página 7

SEGUIMOS, novas preguntas para esta semana:


1º e 2º ESO



PREGUNTA



Nas saídas ao campo, todo bo excursionista ten que contar con recursos para emerxencias, ou tomar decisións importantes.



Existe un xeito de calcular canto tempo falta para que o Sol se poña utilizando unha parte do corpo. É un método que todo participante nas carreiras de orientación coñece.



Cal é este método?


3º e 4º ESO   


Tema: O código binario e os ordenadores.

Introdución

Na maioría das culturas actuais se utiliza o sistema de numeración decimal para realizar cálculos consistente en utilizar 10 símbolos procedentes do sistema de numeración árabe. Porén os ordenadores utilizan outros sistemas de numeráción para facer os seus cálculos: o código binario e o sistema hexadecimal. O primeiro deles é o maís sinxelo e está formado só por dous símbolos. 
PREGUNTA:
Cal é a razón técnica pola que os ordenadores utilizan o código binario para realizar os seus cálculos?


Moito ánimo nas pescudas...é imprescindible citar a fonte bibliográfica correctamente.