15/03/18

OUTRA DE ATRAPASOÑOS


Hoxe os Atrapasoños lemos Pan con chocolate , un relato de María Victoria Moreno, a autora á que este ano está  dedicado o día das Letras Galegas.

14/03/18

CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES 2 NA ESPERELA


Despois do éxito do primeiro volume, xa temos o segundo na Esperela!
O libro reúne cen novas historias de mulleres extraordinarias de todo o mundo, dende Beyoncé, pasando por J. K. Rowling ata Madonna. De Rigoberta Menchú, pasando por Nefertiti ata Isadora Duncan, todas elas retratadas polas 50 ilustradoras más importantes do mundo.

13/03/18

EL FUTURO ES FEMENINO NA ESPERELA


Un volume de luxo, que reúne ás mellores ilustradoras do momento e que recolle contos inspiradores sobre as situacións ás que nos enfrontamos nenas e mulleres a diario...
Como sería un mundo igualitario, un mundo feminista?

12/03/18

PIONEIRAS NA ESPERELA

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

11/03/18

FEMINISMO ILUSTRADO NA ESPERELA



Feminismo ilustrado explica ata onde chega realmente o patriarcado con exemplos do día a día, aclara conceptos da loita feminista, desmonta falsas argumentacións en contra e axuda a detectar machismos de todos os tamaños. Todo isto acompañado de ilustracións explicativas e de moito moito humor.