06/04/18

ADEUS AO DIRECTOR ISAO TAKAHATA

O director de cine xaponés e cofundador do Studio Ghibli, Isao Takahata, faleceu aos 82 anos. Era creador, entre outras moitas, de series tan coñecidas como Heidi ou Marco
Destacamos a súa película La tumba de las luciérnagas, un emotivo alegato antibelicista ambientado na Segunda Guerra Mundial e considerada unha das mellores películas de todos os tempos.


05/04/18

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS NA ESPERELA


O libro escollido para a sesión de Atrapasoños de hoxe foi Un bosque cheo de faias, de Francisco Castro, un texto sobre a violencia, o racismo e o poder da amizade.
No sorteo, o agasallo foi para Andrea, parabéns!

04/04/18

75 ANOS DE "O PRINCIPIÑO"


A obra de Antoine de Saint-Exupéry publicouse en abril de 1943 e converteuse nunha referencia mundial, grazas á súa reflexión sobre a vida e a natureza humana.
"Todas as persoas maiores foron ao principio nenos
 (aínda que poucas delas o recordan)".