30/01/11

AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS

 

BASES DO III CERTAME
AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS

EDLG / Biblioteca A Esperela / Dpto. de Lingua Galega
IES O MOSTEIRÓN (SADA)
Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas  e non premiadas noutros certames  no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
Segunda. As obras deberán tener unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.
Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 31 de xaneiro de 2011 no primeiro recreo e remata o 11 de febreiro no segundo recreo.
Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título de microrrelato e o pseudónimo por fóra  no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.
Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.
Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará tres textos gañadores. Un para o primeiro ciclo de eso, outro para o 2º ciclo de eso e outro para bacharelato.
Sétima. O anuncio da obra gañadora do certame farase o día 14 de febreiro. Terá lugar na biblioteca, no segundo recreo.
Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.
Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases.

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

GRAZAS A BIBLIOTECA "O SEGREL do Penedo" do IES de Fene, podemos disfrutar desta compilación de cancións e videos. Elixe o que mais che guste e pensa que un mundo en PAZ é posible.