10/05/13

11 DE MAIO: DÍA DO COMERCIO XUSTO


O 11 de maio celébrase o día Mundial do Comercio Xusto.

O comercio xusto é un sistema comercial solidario que persigue o desenvolvemento dos pobos e loita contra a pobreza e presenta unha alternativa ao comercio convencional. As súas bases son:
- As condicións laborais e os salarios apropiados: para que os produtores do sur poidan vivir con dignidade.
- Que non haxa explotación infantil: Asegúrase de que os produtos non foran elaborados por nenos e nenas.
- A igualdade entre homes e mulleres: Que ambos reciban un trato e unha retribución económica equitativa.
- O respecto ao medio: Que os produtos se fabriquen por medio de prácticas respectuosas co entorno no que se producen.
Por iso, o comercio xusto é considerado coma unha ferramenta de cooperación.
Ademais, o comercio xusto constitúe un movemento internacional formado por organizacións do sur e do norte. O seu obxectivo é mellorar o acceso ao mercado dos produtores máis desfavorecidos e mudar as inxustas regras do comercio internacional que consolidan a pobreza e a desigualdade mundial.


As ONGD da Comisión de Comercio Xusto organizan actividades en distintas cidades de Galicia. Un dos principais obxectivos desta xornada será amosar á cidadanía galega que «xusto ao noso carón» existen alternativas ao modelo de consumo imperante e que o papel de cada un de nós é fundamental para potenciar unhas regras de intercambio comercial xustas.

A Coruña. Feira de Consumo Alternativo       
Lugar: Praza de Pontevedra
Horario: 11:00 a 21:00 horas
Participantes: Intermón Oxfam, Labañou Solidaria,  Solidariedade Internacional, Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca,  Fiare Banca Ética, Cooperativa de produtoras Millo e Landras, Cooperativa de produtoras Horta do Sacho, Cooperativa de produtoras Val del Barcia
Actividades: venta, degustación, charlas, xogos, exposicións...
Non deixes pasar a oportunidade de coñecer e comprometerte coas persoas.
Para saber mais:





07/05/13

ROBERTO VIDAL BOLAÑO NA ESPERELA


 
Obras a túa disposición na biblioteca. Achegádevos ao teatro de Roberto Vidal Bolaño, unha experiencia que non defrauda.

Rastros: unha mirada sobre nós mesmos, feita dende o envés. Desde o outro lado das cousas. Ese que de común se nos secuestra ou non sempre se nos deixa ver.

Bailadela da morte ditosa.  Preséntanos seis encontros coa morte noutros tantos cadros. Encontros procurados sempre polos personaxes e por diferentes motivos: adiantar á propia morte para fuxir do sufrimento, achegarse a ela para matar a soidade ou o fracaso, abrazala para alimentar outra vida ou acabar nos seus brazos como remate natural dun camiño xa andado.Un achegamento ao tema -a morte buscada, a "ditosa"- sen estridencias, con gran naturalidade como sempre se tratou na nosa cultura e desde o noso imaxinario.


Un apaixonante drama con personaxes inesquecibles. Con este texto, Roberto Vidal Bolaño obtén en 1992 o Premio Xacobeo de Textos Teatrais. Unha investigación de historiadores e teólogos, baixo a sombra da autoridade eclesiástica, sobre o misterio dos restos do Apóstolo. Que é o que se oculta aí dentro, baixo esa bela arquitectura, se é que hai algo? Os ríos de peregrinos de todo o mundo polo camiño de Santiago, ao longo de tantos séculos, onde foron, onde van hoxe mesmo? Que apodrece aí debaixo? O corpo de Prisciliano? Haberá outra cousa que o baleiro?

Saxo Tenor. A historia comeza cun morto, un mozo morto de morte violenta. O seu sangue mancha aínda a praza. Pero a obra non comeza nese momento senón dous anos despois, cando alguén supostamente xornalista tenta aclarar a verdade. A peza ten unha intensa vinculación co cine e iníciase cun flashback: alguén que vai contar toda a verdade sobre a morte dun rapaz de boa familia que vai morrer a un arrabalde que cadra lonxe da súa casa. Os informativos contaron entón que a morte fora motivada por un atraco, a tentativa de roubar un saxo dunha tenda ou un asunto de drogas. O pai da vítima é importante e o asunto queda agochado entre os titulares de cada día.

Unha contribución de Paco Nogueiras Nodar, "Espirito Vidal Bolaño"
  
Ler teatro no mes das Letras Galegas