21/05/14

Película "Os camiños esquencidos"

Continuando co seu labor de difusión e homenaxe a Xosé María Díaz Castro, o IES de Guitiriz regálanos esta película de impecable realización. Os seus promotores dinnos dela:
"Os recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen, son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas".

"A película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e representacións de danza, coa intención de explorar novas perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos xóvenes estudantes de Guitiriz".
Grazas polo traballo e parabéns