11/03/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS


Presume de ler e déixate ver


Raúl Presedo Val, 1º ESO B
Wigetta y el báculo dorado, Vegetta 777/Willyrex

Willy, Vegetta, Vakipandy y Trotuman son cuatro amigos que siempre están viviendo nuevas aventuras. Esta vez tendrán que proteger Pueblo, la ciudad que con tanto esfuerzo habían construido. Tendrán que protegerlo de un mercenario que la está destruyendo con un virus que destruye todo a su paso y para ello necesitarán la ayuda de Ray, un científico que hará todo lo posible para ayudarles.
Este libro me ha encantado porque junta mis dos géneros favoritos: la aventura y la ciencia ficción. Se lo recomendaría a gente de entre 10 y 13 años, porque es muy fácil de leer y engancha muy rápido.

10/03/16

MELLOR CÓMIC DO ANO!!


A casa, de Paco Roca (Valencia, 1969), acaba de ser elixido Mellor Cómic Nacional de 2015, un premio que entregan dende hai catro anos as librarías especializadas.
A casa é o cómic máis persoal de Paco Roca, unha emocionante homenaxe ao seu pai falecido, no que se reconcilia cos recordos e o que significa ser pai e fillo.


Na Esperela tedes varias obras de Paco Roca, como Arrugas ou Memorias de un hombre en pijama. Pronto chegará tamén esta novidade...

08/03/16

DÍA DAS MULLERES


A idea dun Día Internacional da Muller xorde a finais do século XIX, pero son distintos sucesos no século XX os que derivan na conmemoración que coñecemos hoxe. Un dos máis simbólicos foi en marzo de 1911 en New York, cando 123 traballadoras morreron no incendio da fábrica de confección de camisas Triangle Shirtwaist. A traxedia amosou as penosas condicións nas que traballaban as mulleres, moitas delas inmigrantes e moi pobres...

07/03/16

MULLERES NA HISTORIA


Esta semana tedes na cafetaría unha exposición (organizada polo EDLG) sobre a muller ao longo da historia. É ben interesante, non a perdades...

06/03/16

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ


Tal día coma hoxe de 1927, nacía en Aracataca, Colombia, Gabriel García Márquez, unha das figuras máis importantes da literatura universal. Gañador do Premio Nobel de Literatura en 1982, foi ademais contista, ensaísta, crítico cinematográfico, autor de guións e, sobre todo, intelectual comprometido cos grandes problemas do noso tempo. Morreu en abril de 2014.