19/04/11

SALVAR LIBROS, ESCOLLE CON SENTIDIÑO


Unha vez salvados libros nas clases, temos que escoller o libro da literatura galega que queremos salvar no instituto.
Le as achegas seleccionadas, pensa na que mais che gusta e cubre a papeleta para votar. Introdúcea na urna e non fagas trampas (un voto por persoa).

A obra salvada será proclamada na Biblioteca, durante o segundo recreo do día 26 de abril , tes ata ese momento para votar.
A nosa obra formará parte dos libros salvados nas Bibliotecas Escolares de Galicia.
Lembra que esta actividade forma parte das accións para conmemorar o Día do libro: 23 de Abril.
Grazas por participar