09/05/19

MARÍA CANOSA NA ESPERELA!


A escritora María Canosa visitou hoxe o noso instituto para falar do seu libro Muriel co alumnado de 1º ESO. Antes de marchar quixo coñecer A Esperela e asinar uns exemplares. Grazas, María!!

DÍA DE EUROPA


O Día de Europa celebra cada 9 de maio a paz e a unidade do continente. A data coincide co aniversario da histórica declaración de Schuman.

07/05/19

STRANGER THINGS


Para os fans de Stranger Things temos na Esperela a guía oficial da serie, Mundos del revés, con material inédito e exclusivo para entender e descubrir os seus  segredos mediante mapas e entrevistas cos actores.