16/11/10

CESTALIBROS LIBRES


Como sabedes dende o 25 de outubro as cestalibros están presentes nas aulas. Todos os días lemos xuntos 15 minutos na materia que corresponda seguindo o calendario aprobado no claustro. Antes de chegar as aulas estiveron na biblioteca. Así quedaron.
Estamos esperando os vosos comentarios sobre os libros que estades a ler, COMPARTINDO LECTURAS, aprendemos mais. GRAZAS.

Tamara escribe sobre Miguel

Tamara Gestal (1º Bach) quere compartir con nos un texto sobre Miguel Hernández. Moitas grazas pola tua sensibilidade

Soñar o soñado, suspiros desvalixados , bocas morriñentas.. Probablemente os mesmos sentimentos xogando a esconderse na soberbia. Ensaríllanse os razoamentos, mestúranse as dúbidas e esquécese o amor. Dor, temor, sufrimento e por riba de todo…morte. Escuridade magoenta atravesando o túnel dos sentimentos esquecidos. A razón nin falta nin asiste. Repenica o corazón nas noites que comezan a quedarse curtas. A tristeza paséase por cada ollada e a esperanza establécese en ti.
Un saúdo. Tamara.