15/04/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Martín Galmán Méndez, 4º ESO 

Neste libro, cóntasenos unha historia de amor nos anos da posguerra. O tío de Sara agocha moitas cousas deses anos, incluíndo cartas e fotografías del cunha rapaza, que son descubertas pola súa sobriña, que decide ler e contarlle á súa nai o que descubriu. As dúas deciden ir ao lugar onde se atopa unha misteriosa caixa...
Se queredes saber onde é o lugar e que hai na caixa, xa sabedes... Tócavos ler!

14/04/16

SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA

O 14 de abril de 1931 proclámase a Segunda República Española, marcando un antes e un despois na nosa historia. Foi un periodo no que España estivo á cabeza de Europa en democracia, modernidade e políticas sociais, e sería derrotado pola Guerra Civil, iniciada a raíz do alzamento militar do 18 de xullo de 1936.


13/04/16

EDUARDO GALEANO

Coincidindo co primeiro aniversario do pasamento do escritor Eduardo Galeano, sae á venda a súa obra póstuma El cazador de historias. Neste libro, que rematou un ano antes de morrer, o autor sae de caza para amosarnos -con dureza, humor e tenrura- o mundo no que vivimos e certas realidades que non todos chegan a ver.
Galeano está considerado como un dos máis destacados autores da literatura latinoamericana. Os seus libros están traducidos a máis de vinte idiomas e combinan documental, ficción, xornalismo, análise política e historia.

11/04/16

LEMBRAMOS A PRIMO LEVI



Primo Levi foi un escritor italiano de orixe xudeu sefardí que morreu o 11 de abril de 1987. Este autor de libros de memorias, relatos, poemas e novelas, foi un resistente antifascista e vítima do Holocausto, do que da testemuña nas súas obras.
A súa obra Se isto é un home, na que relata o tempo que estivo preso no campo de Monowice, é considerada unha das máis importantes do século XX.