Onte fixo 31 anos da morte do cantante, guitarrista e compositor Bob Marley, o máis coñecido intérprete de música reggae. Aí vai este vídeo para recordalo...
Amosando publicacións coa etiqueta VÍDEO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VÍDEO b>. Amosar todas as publicacións
12/05/12
14/03/12
AKIRA YOSHIZAWA
Akira Yoshizawa (que morreu en Tokio o 14 de marzo de 2005) foi un notable mestre do origami xaponés, que é a arte de dobrar papel para crear figuras (a palabra origami procede dos vocablos xaponeses "oru", dobrar, e "kami", referido ao papel).
Recoñéceselle elevar o origami desde a artesanía ou o simple pasatempo á súa condición artística, sendo por tanto un dos "pais do origami". Calcúlase que creou máis de 50.000 modelos, dos cales só uns poucos centos de deseños foron publicados nos seus dezaoito libros.
Na tradición máis pura do origami, para os seus deseños nunca utilizou tesoiras, pegamento ou adornos adicionais ás figuras.
Mirade algunhas das súas creacións:
19/01/12
EDGAR ALLAN POE
O 19 de xaneiro de 1809 naceu en Estados Unidos Edgar Allan Poe, poeta, crítico e xornalista romántico, recoñecido como un dos mestres universais do relato curto. Foi tamén renovador da novela gótica e moi recordado polos seus contos de terror. Considerado o inventor do relato detectivesco, contribuíu tamén con varias obras ao xénero da ciencia-fición.
Según Poe, a máxima expresión literaria era a poesía e a ela adicou os seus máis grandes esforzos. É moi coñecido o seu poema O corvo (The raven, 1845), onde o seu dominio do ritmo e a sonoridade do verso son impecables.
Esta curtametraxe foi o primeiro traballo de Tim Burton como director. Conta en verso a historia de Vincent Malloy, un neno de sete anos, ávido lector de Edgar Allan Poe, que recreando as fantasías do seu literato favorito se transporta a lugares escuros...
E neste vídeo veredes a interpretación que dun poema de Poe, Annabel Lee, fai o grupo Radio Futura:
21/12/11
08/12/11
A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS
A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS
10 DECEMBRO 2011, LXIII ANIVERSARIO
Exposición da Declaración Universal dos Dereitos Humanos comentada por ilustradores. A partir do venres 9 no recibidor.
CINE DOCUMENTAL EN ESPAZO CINEMA:
Proxección de Invisibles (Médicos sen Fronteiras: un percorrido polos conflitos esquecidos)
LUNS 12, 12:10: Cartas a Nora. Dir. Isabel Coixet.
MARTES 13, 10:10: Crímenes Invisibles. Dir. Win Wenders.
MÉRCORES 14, 10:10: Buenas noches, Ouma. Dir. Fernando León de Aranoa.
XOVES 15, 10:10: La única medicina. Dir. Mariano Barroso.
VENRES 16, 10:10: La voz de las piedras. Dir. Javier Corcuera.
Esperamos comentarios en www.biblioaesperela.blogspot.com
17/11/11
10/11/11
ÉDELINGUA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS
Hoxe comezou a rodaxe da nova curtametraxe de Édelingua Producións Audiovisuais do EDLG do IES O Mosteirón, Na oficina de obxectos perdidos, baseada nun texto de Séchu Sende e realizada por Javier González (Genetic Films).
Aquí tedes unha produción máis antiga de Genetic Films...
Se queredes máis información sobre Édelingua Producions Audiovisuais, mirade aquí.
08/11/11
COMO CHOVE!
APLASTAMIENTO DE LAS GOTAS
Yo no sé, mira, es terrible cómo llueve. Llueve todo el tiempo, afuera tupido y gris, aquí contra el balcón con goterones cuajados y duros, que hacen plaf y se aplastan como bofetadas uno detrás de otro qué hastío. Ahora aparece una gotita en lo alto del marco de la ventana, se queda temblequeando contra el cielo que la triza en mil brillos apagados, va creciendo y se tambalea, ya va a caer y no se cae, todavía no se cae.
Está prendida con todas las uñas, no quiere caerse y se la ve que se agarra con los dientes mientras le crece la barriga, ya es una gotaza que cuelga majestuosa y de pronto zup ahí va, plaf, deshecha, nada, una viscosidad en el mármol.
Pero las hay que se suicidan y se entregan en seguida, brotan en el marco y ahí mismo se tiran, me parece ver la vibración del salto, sus piernitas desprendiéndose y el grito que las emborracha en esa nada del caer y aniquilarse.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

