18/12/12

GUÍA DE LECTURAS. NADAL 2012

Un ano mais chega o Nadal, agasallos, festas, bos desexos para o vindeiro ano,...e libros, que non falten nas vacacións.
Presentamos a guía con propostas de lecturas, na biblioteca temos moitas novidades que están esperando para compartir as vacacións con vós.
Grazas Xosé pola felicitación 

14/12/12

EL HOBBIT. Cómic e Película

El Hobbit. Historia de una ida y una vuelta. C. Dixon e D. Wenzel. O Clásico de J.R.R. TOLKIEN, adaptado ao cómic
O día en que Bilbo Bolsón recibe a visita do mago Gandalf e dun grupo de ananos, a súa plácida existencia de hobbit cambia radicalmente. Elfos, dragones e un anel máxico cruzaranse na aventura máis fantástica de toda a súa vida...
Un prólogo imprescindible para comprender O SEÑOR DOS ANEIS. O mellor da fantasía e a aventura dáse cita nas páxinas do HOBBIT.
 A vosa disposición na biblioteca
Como sabedes hoxe estréase a película baseada na obra de Tolkien.



Acompañade a Bilbo na aventura de ida e volta.

13/12/12

RECITAMOS CELSO EMILIO

Na data máxica de onte, 12 do 12 as 12 e 12, recitamos xuntos e aquí podedes ver unhas fotos



Grazas por participar conxuntamente con outros centros  de Galicia

11/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO: 12 do 12 as 12 e 12


Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

A Esperela únese a esta iniciativa convidando a toda comunidade educativa a recitar o poema Deitado fronte ao mar o mércores 12 do 12 as 12 e 12.

Dios ke te crew / garcia mc - deitado frente ao mar








Aquí podedes ver unha presentación sobre o autor e a súa obra.
Grazas a Biblioteca Arquivos do Trasno do IES Rafael Diste, A Coruña
Esperámosvos na biblioteca

09/12/12

A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS




O 10 de decembro conmemorase o día dos dereitos humanos por ser nesa data do ano 1948 cando aprobouse a declaración nas Nacións Unidas.
Escaleraa la luna (1958). Georgia O'keeffe
 Lémbrate de ver a exposición colocada no recibidor do instituto.

Os dereitos humanos a través da pintura. Unha presentación de Amnistía Internacional, podes vela clicando na imaxe




Mais información

DEREITOS HUMANOS: VIÑETAS...PARA PENSAR 

Mirar, ler, reflexionar, actuar...

Cambiar a realidade

Grazas

07/12/12

EL CINE ES UNA EXPERIENCIA INOLVIDABLE

Como sabedes Juan García, alumno de 3º A, participou na rodaxe da película "Todo es silencio" do director José Luís Cuerda, unha experiencia inesquecible que quere compartir con nós.

"La experiencia del cine es una experiencia inolvidable; te tratan como un rey, te satisfacen todas tus necesidades, te llevan a lugares increíbles… pero no siempre todo es así, aunque muchos de vosotros penséis que rodamos dos tomas y ya está una escena, no es así. Tienes que rodar más de tres tomas de ensayo y luego cinco o seis más debido a que hay que tomar diferentes posiciones, y todo este trabajo es bastante duro; porque te quedas algo afónico, tienes mucho calor porque actúas en un espacio completamente cerrado para que no intervengan sonidos no deseados… Lo peor de todo esto es ir a ciudades o pueblos preciosos a los que nunca habías ido y no ver nada debido a que tienes que rodar, eso fue lo que menos me gustó, sin alguna duda".

O guión está baseado na obra de Manuel Rivas "Todo é silencio". A vosa disposición na biblioteca.

todo e silencio-manuel rivas-9788499141695Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

Non deixedes de ver a película, a historia e as interpretacións pagan a pena, Juan espectacular. 
 Grazas Juan por compartir a túa experiencia.
DESEXÁMOSTE MOITO ÉXITO

02/12/12

J.M.GISBERT EN MOSTEIRÓN


J.M Gisbert visita el IES O Mosteirón.
El coescritor de la obra Cinco cuentos sobre Velázquez visita un instituto de la localidad de Sada.

María del Carmen Jiménez,Sada. (2/12/12)

El autor barcelonés visitó, el pasado 28 de noviembre a las 9:30 h, a los alumnos de 2º de la ESO, para presentar los libros: "Cinco cuentos sobre Velázquez" y"Escenarios fantásticos".

Joan Manuel visitó el centro de enseñanza secundaria de la localidad de Sada, para presentar dos libros que fueron lecturas obligatorias para los alumnos de 2º de la ESO. La visita se centró en hablar sobre los trabajos trampa de los alumnos cuando sacan los resúmenes de internet. También hubo preguntas sobre sus obras, a las cuales Joan Manuel respondió gustoso. La visita dio fin con un breve relato inspirado en el cuadro de Velázquez “Los Borrachos” redactado por un grupo de alumnos de 2ºB.

29/11/12

TEATRO IMPROVISADO

5,4,3,2, IMPRO!!!
O pasado martes o Departamento de Lingua e Literatura Castelá organizou no Instituto unha representación de teatro improvisado a cargo do grupo "Los Dunguis".
O alumnado de primeiro ciclo da ESO gozou dunha sesión dinámica e entretida na que as actrices mostraron diferentes técnicas de improvisación, incorporando frases que o alumnado escribira previamente.
Representaron a mesma escena en 3 minutos, en 1 minuto, en 30 segundos, intercambiaban os papeis, "outra, mais, menos" na que tiñan que cambiar os diálogos, interpretaron a mesma escena con finais diferentes (romántico, terror, do oeste,...)
Unha representación que nos achega ao teatro para coñecelo e amalo.
Mirade as fotos que fixo Ismael Fernández e comentade as vosas impresións.


           
GRAZAS