26/02/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Cynthia Yáñez Tizón, 1º ESO A
A lagoa das nenas mudas, Fina Casalderrey

Unha nena de Nixeria chamada Amina múdase a Galicia. Un día chega ao seu colexio e coñece unha nena chamada Io, que nesta historia é a súa mellor amiga. Amina non entende o galego, por iso Io lle fai debuxos a Amina do que di a profesora para que o entenda.
Pero Io misteriosamente desaparece...
É un libro moi recomendable para todas as idades.

25/02/16

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de terceiro lembrou na Esperela a Rosalía de Castro no seu día, cunha actividade organizada por Belén.



23/02/16

ROTEIRO POLA TERRA CHÁ


Onte o alumnado de 4º ESO participou nun roteiro pola Terra Chá organizado polos departamentos de Lingua Galega e Plástica e Visual. Visitaron a Casa Museo de Manuel María, as Penas de Rodas e a Carballeira de Santa Isabel.
Este alumnado participa na realización dunha curtametraxe documental (dentro do proxecto "Cinema en curso") sobre a figura de Manuel María e os espazos máis importantes presentes na súa obra.
Parece que o pasaron ben…

22/02/16

LEMBRANDO A ANTONIO MACHADO


Un día coma hoxe de hai 77 anos, morría en Collioure (Francia) o poeta Antonio Machado. Figura destacada da Generación del 98 e autor intimista, simbolista e comprometido co seu tempo.
NESTE ENLACE podedes ver a actividade que preparou o alumnado de 4º para non esquecer esta data.
E no vídeo tedes o disco que lle dedicou Joan Manuel Serrat musicando algún dos seus poemas:

21/02/16

MORRE UMBERTO ECO


O escritor e filósofo italiano Umberto Eco, que sempre criticou a manipulación no xornalismo e a corrupción, morreu este venres aos 84 anos.
Foi autor de prestixio internacional e creador de obras inesquecibles como O péndulo de Foucault ou O nome da rosa, un éxito de ventas ambientado no século XIV.
Galardoado con numerosos premios, obtivo o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2000.