05/10/17

PREMIO NOBEL DE LITERATURA


O británico Kazuo Ishiguro, de 62 anos, foi galardoado hoxe co Premio Nobel de Literatura 2017. É o segundo autor consecutivo en lingua inglesa que consigue o Nobel, despois de Bob Dylan o ano pasado.
O xurado destacou "as súas novelas de gran forza emocional que descubriron o abismo baixo o noso ilusorio sentido da conexión co mundo". A súa obra máis celebrada é O que queda do día (1989), a súa terceira novela. A súa última obra, de fantasía, leva por título O xigante soterrado e explora como a memoria se relaciona co olvido, a historia co presente e a fantasía coa realidade.

04/10/17

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


O libro de poesía Poemar o mar de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) vén de se facer co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura. Publicado o pasado ano por Edicións Xerais, un mar que adquire características humanas protagoniza a obra.
García Teijeiro súmase así á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón e que certifican a calidade da literatura galega: Paco MartínXabier P. DocampoFina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas

03/10/17

XA ESTÁN AQUÍ!!

A partir de mañá xa teredes os carnés da biblioteca, co voso número de lectores/as, imprescindible para retirar os préstamos na Esperela.