Hoxe tivemos unha nova sesión de apadriñamento lector para os cativiños de Educación Infantil 4 anos. Unha xornada inesquecible!!
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades colaborativas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades colaborativas b>. Amosar todas as publicacións
11/04/18
02/02/18
VISITA DO CEIP MOSTEIRÓN
Hoxe recibimos na Esperela a visita do alumnado de 6º de Primaria do CEIP Mosteirón. Ademais da benvida e explicacións da directora e o orientador, contamos coa colaboración de dous alumnos de 1º e dúas alumnas de 4º que fixeron de cicerones polo instituto e responderon as súas preguntas.
Despois dun almorzo, a rapazada marchou contenta cuns agasallos.
23/02/13
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
![]() |
| Creado por Rosana Rodiles. CEIP de Pazos (Ferrol) |
A Esperela, xunto as bibliotecas escolares galegas, súmase á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" do noso país.
Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito integramente en galego, consolidando definitivamente o Rexurdimento da nosa literatura.
Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito integramente en galego, consolidando definitivamente o Rexurdimento da nosa literatura.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á
cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do
nacemento de Rosalía de Castro. Tamén promove recitados dos poemas de Cantares Gallegos nos centros de ensino.
Na Esperela faremos o noso recitado o día 26 despois da entrega de premios do Certame Amor? Amor! en 100 palabras. Non faltedes.
O IES de Poio e o IES Ribeira do Louro (O Porriño), en colaboración ofrécennos: Cantares fronte á adversidade. Constelación poética...
Moitas grazas por traballo tan fermoso.
13/12/12
RECITAMOS CELSO EMILIO
Na data máxica de onte, 12 do 12 as 12 e 12, recitamos xuntos e aquí podedes ver unhas fotos
Grazas por participar conxuntamente con outros centros de Galicia
Grazas por participar conxuntamente con outros centros de Galicia
11/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO: 12 do 12 as 12 e 12
A Esperela únese a esta iniciativa convidando a toda comunidade educativa a recitar o poema Deitado fronte ao mar o mércores 12 do 12 as 12 e 12.
Dios ke te crew / garcia mc -
Aquí podedes ver unha presentación sobre o autor e a súa obra.
Esperámosvos na biblioteca
27/06/12
19/06/12
OBRADOIRO DE CINE NO CGAI
O pasado venres 15 o alumnado de 4º de ESO do noso instituto fixo a presentación do obradoiro "O personaxe e as súas emocións" na sala de cinema do CGAI. Tres alumnas, Elena, María e Cristina, explicaron as características do proxecto e valoraron o que supuxo para elas entrar en contacto co mundo do cine como creadoras. Tamén contestaron as preguntas do público.
Dende A Esperela felicitamos o departamento de Plástica e Visual por promover unha actividade tan interesante e formativa.
Dende A Esperela felicitamos o departamento de Plástica e Visual por promover unha actividade tan interesante e formativa.
Mirade a gravación do obradoiro que se fixo dentro das nosas instalacións:
E estas son algunhas fotos do acto de presentación:
15/06/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver!
Jesica Cajigal Gómez, 1º ESO A
Los juegos del hambre-En llamas, Suzanne Collins
Kattniss y Peeta han sobrevivido a los juegos del hambre pero el juego de las bayas venenosas ha hecho que los distritos se rebelaran contra el capitolio. Ahora el capitolio se vengará y tendrán que volver a la arena para jugar en el vasallaje de los veinticinco un juego en honor a los tributos muertos. Pero Kattniss esta vez no quiere ganar, quiere salvar la vida de Peeta aunque eso signifique su muerte.
Recomiendo este libro porque una vez que empiezas a leerlo no puedes parar, es triste pero muy entretenido.
01/06/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver!
Bianca Santiago, 2* ESO C
Pic-Nic, Fernando Arrabal
Zapo está en la guerra vigilando la cota 47 y de pronto sus padres le sorprenden con una visita para hacer un picnic. Después de una larga conversación aparece un soldado del bando contrario, al que hacen prisionero, y al final lo invitan al picnic. Zapo y Zepo cuentan cómo han llegado a la guerra y coinciden en casi todo. De pronto aparecen aviones y les empiezan a bombardear, pero se salvan. También aparecen unos camilleros, pero al ver que no hay heridos se van decepcionados. Zapo y Zepo dialogan sobre la guerra y deciden decirles a sus superiores que abandonan. Ponen música y bailan para celebrarlo, pero una ráfaga de ametralladora los mata a los cuatro.
Recomiendo este libro porque muestra el lado absurdo de la guerra, como si fuera un juego. En ella no hay diferencias, todo el mundo es igual.
30/05/12
ÉDELINGUA NA CASA DA CULTURA DE SADA
O venres 8 de xuño, ás 20:00 na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, terá lugar o acto de presentación de Édelingua, a produtora de audiovisuais do IES O Mosteirón (EDLG).
Ademais da proxección doutras curtametraxes, estrearanse as últimas producións de Édelingua: o documental A Filla da Ría da Prata e a curtametraxe de ficción O drama do cabalo de xadrez.
Neste acto entregarase tamén o premio Édelingua 2012, outorgado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón ao alumn@ que máis se teña significado na defensa e promoción da lingua galega.
Contaremos coa presenza das principais autoridades e dos representantes das asociacións e institucións culturais máis representativas de Sada.
Estades tod@s invitados. Contamos con vós!
Tedes máis información no blogue de Édelingua.
18/05/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver!
Sergio Baña, 2* ESO A
La invención de Hugo Cabret, Brian Selznick
Es una fábula infantil en la que un huérfano se agarra a una última esperanza para no dejar atrás la memoria de su padre. Hugo conocerá a un gran director de cine al que se creía muerto, Georges Méliés, y va a tener que escapar del inspector mientras revisa los relojes de la estación en la que Hugo reside.
Lo mejor del libro es la magia que transmite y las imágenes del mismo dibujadas a grafito. También tiene grandes referencias cinematográficas, sobre todo de cuando nació el cine en Francia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





