28/11/13

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver!
Alejandro Pose Rial, 4º ESO
Fairy Tail é un manga creado por Hiro Mashima.

Conta a historia dun  mago novo, chamado Natsu, na busca do seu mestre e pai adoptivo: Igneel, que resulta ser un dragón. Por iso unese a Fairy Tail, un gremio de magos que é famoso polos estragos e danos que provocan en diversas cidades (o cal non debería ser así). 
O mundo de Fairy Tail xira arredor dos magos (pouco teñen que ver coa idea xeral do mago común) que realizan encargos a cambio de diñeiro, similar a un cazarecompensas. Natsu coñece a Lucy, unha guapa rapaza cuxo sono era ingresar nun gremio de magos, especificamente en Fairy Tail, o cal consegue grazas á axuda de Natsu. De aí en diante, a historia segue os movementos desta parella de magos, vense envoltos nun sen número de aventuras antes de conseguir a meta final de encontrar a Igneel.

Fairy Tail destaca por ter uns personaxes supercarismáticos cos que te encariñas deseguida (co seu propio pasado e motivacións e cada un con certo halo de misterio (algúns máis que outros)). Unha trama sólida que engancha case dende o principio (xoga co suspense e a acción, con enigmas que se presentan, que pode que non sexan importantes para a historia xeral, pero que che fan comer a cabeza) e sobre todo por esa dose de combates; típicas dos shonen.
Por outro lado o estilo de debuxo é moi dinámico e actual, seguindo a liña  doutros autores de renome como Eiichiro Oda (One Piece) ou Akira Toriyama (Dragón Ball).
Como punto débil, cabería dicir que ao autor non se lle dan moi ben as presentacións de personaxes, polo que os primeiros capítulos son un pouco monótonos e lle custa arrancar, pero chegado certo momento a trama movese soa.
Recoméndovolo se vos gusta o xenero de acción-fantasia, a maxía e as pelexas. 

27/11/13

CALENDARIO 2014

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA E A BIBLIOTECA A ESPERELA CONVÌDANTE A:

Xogar co tempo VIAXANDO POLAS ESTACIÓNS, entrando e saindo das semanas esvarando polo medio dos días, p a r à n d o s e   e n   c a d a   m e s ...
Presenta a túa idea para un calendario mural, de mesa e outro de peto para o ano 2014
Bases:

1ª- O concurso está aberto a todas aquelas persoas da comunidade educativa que desexen participar. Cada concursante poderá presentar só unha obra para cada unha das modalidades.

2ª- O traballo deberá ser orixinal. Os participantes poden facelo nas seguintes modalidades:
  1. Deseño de un calendario do ano 2014 en tamaño mural (para colgar nas paredes)
  2. Deseño de un calendario do ano 2014 para mesa
  3. Deseño dun calendario tamaño “peto” para distribuír entre os membros da comunidade educativa do instituto.
3ª- A técnica dos traballos: pode ser fotografía, debuxo dixital ou debuxo en papel, tanto a cor como en branco e negro, etc.

4ª- A temática, aínda que libre, deberá incluir:
  • O calendario mural ten que incorporar un motivo para falar, ler, empregar o galego para cada un dos meses do ano. Pódese engadir un slogan que encabece o ano.
  • O calendario de mesa ten que incorporar un slogan para o ano.
  • O calendario de peto ten que incorporar unha foto orixinal sobre o galego: falar, ler,...en galego. No reverso incorporar o calendario do ano.

5ª- Os orixinais enviaranse como documento achegado por correo electrónico ao enderezo: aesperela@gmail.com. Os traballos deben presentarse en formato de imaxe, preferiblemente JPG, PDF. ( No asunto do correo especificar nome e curso do autor/a)
Tamén podes entregalos en formato papel - mellor tamaño DIN A4- na biblioteca, protexidos dentro dunha funda de plástico, na que tamén irá un pequeno sobre pechado no que figure por fóra o título do traballo e dentro os datos da identidade do autor /a.

6ª- O prazo de entrega de orixinais ábrese o 26 de novembro e pechase o 13 de decembro as 24:00 horas.

7ª- O xurado estará formado por membros do EDLG e A Esperela. Emitiran o seu fallo o día 16 de decembro, as 12: 15 hs. Na biblioteca.

8ª- A decisión do xurado será inapelable.

9ª- O xurado resérvase o dereito a declarar o premio deserto.

10ª- Establecese un premio para cada unha das modalidades: Mural, mesa e Peto. Os gañadores veran a súa obra publicada e distribuída.

11ª- A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e a decisión do xurado.


En Mosteirón a 26 de novembro de 2013.
Anímate e participa

26/11/13

VIOLENTÓMETRO

Aqui tedes un "violentómetro para medir o risco nas nosas relacións.
Fraga das Saiñas. Viveiro
"A violencia contra a muller é a mais vergonzosa violación dos dereitos humanos. Non coñece límites xeográficos, culturais ou de riquezas. Mentre continúe, non podemos afirmar que avanzamos cara a igualdade, o desenvolvemento e a paz". (Kofi Annam, Expresidente da ONU)

24/11/13

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende A Esperela queremos unirnos a esta conmemoración imprescindible coa intención de sensibilizarnos, sobre todo de tomar conciencia que é posible mudar a realidade na medida que somos quen de mudar os nosos comportamentos a hora de relacionarnos.
CONTRA A VIOLENCIA: REACCIONA 
Na biblioteca podes visitar a exposición de libros sobre o tema...LER FAINOS MAIS  LIBRES 
O martes 26 as 12:15 na biblioteca leremos un texto moi especial: participa.

Eduardo Galeano ofrécenos un texto moi axeitado para pensar
http://www.saudaderadio.com/2013/04/nunca-mas-mi-lado.html
Escoita a voz do autor: NUNCA MÁS A MI LADO

Actua é responsabilidade de todos nós

PROCURA CON CIENCIA III

RESPOSTAS AS PREGUNTAS DA SEMANA PASADA
1º e 2º ESO

RESPOSTA



Nas saídas ao campo, todo bo excursionista ten que contar con recursos para emerxencias, ou tomar decisións importantes.


Existe un xeito de calcular canto tempo falta para que o Sol se poña utilizando unha parte do corpo. É un método que todo participante nas carreiras de orientación coñece.



Cal é este método?


O método consiste en empregar a man para medir ángulos: catro dedos equivalen aproximadamente a 15º, é dicir, a unha hora de luz, xa que o ancho de cada dedo corresponde mais o menos a 15 minutos de luz solar.
Bibliografía:
Banqueri Foros, E.  Orientaciones y mapas (página 31) Editorial Parramón


3º e 4º de ESO  
Resposta


Cal é a razón técnica pola que os ordenadores utilizan o código binario? 
… O sistema binario emprégase nas calculadoras e procesadores nos que os medios de almacenamento de datos e transmisión de información son elementos físicos que poden adoptar dous estados: presencia ou falta de corrente, magnetización nun sentido ou no oposto,…

BIBLIOGRAFÍA
ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL. Editorial “Ir Indo”. Tomo 3. binario>sistema binario  
HART-DAVIS, ADAM. Ciencia. Editorial AKAL. Páx. 175. Código binario.
 
NOVAS PREGUNTAS. ÚLTIMA SEMANA DE CONCURSO


1º e 2º ESO

PREGUNTA

 
Pódense cocer ovos no cume do monte Everest?

3º e 4º ESO

PREGUNTA
A EVOLUCIÓN DAS ESPECIES
Poucos biólogos tiveron tanta influencia como Charles Darwin.As súas ideas non só explicaban o modo en que toda a vida chegou a existir,senón que mostraban ,ademais, o lugar que o ser humano ocupa,na árbore da evolución dos seres vivos.Darwin propuxo a primeira teoría da evolución que aportaba probas sólidas.Pero este gran científico sentía medo á oposición e rexeitamento que unhas ideas tan innovadoras provocarían na sociedade da época ,e incluso pensaba en retrasar a publicación do seu libro “ A orixe das especies “ , ata despois da súa morte. As súas dúbidas remataron gracias a unha soa carta.

Que científico lle enviou esta famosa carta e por que tivo tal efecto en Darwin?



Dende que zona do mundo,onde facía dito científico as súas observacións, lla enviou?




VEÑA QUE QUEDA POUCO