03/12/11

ARTEFACTOS DE NICANOR PARRA

Nicanor Parra escribe unha serie nova de antipoemas en forma de tarxetas postais presentadas nunha caixa de cartón. O conxunto chámase Artefactos (1972) e combina códigos lingüísticos e visuais en forma de debuxos, fotografías, caligrafías, etc. O resultado pode considerarse unha obra en movemento. 
Se entendemos un artefacto como unha carga explosiva, veremos que estas pezas son obras de arte a punto de estoupar, que as ideas do autor se poñen en contacto cos lectores por medio dun tipo de son explosivo.

                      Artefactos Nicanor Parra

02/12/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Sara Canle, 3º ESO A
Proyecto Amanda: Invisible, Melissa Kantor

Es un libro de misterio sobre una niña desaparecida. Pero no es el típico libro que trata del dolor de su madre o de su padre, sino que sus padres y ella han desaparecido, de hecho nunca se ha visto a sus padres. Amanda, se llama la niña, les deja pistas a sus amigos para que le sigan el rastro y conozcan más sus intereses y cualidades.
Es el primer libro de una serie que ya tiene un segundo. Todos estos libros están escritos por chicos de nuestra edad y tienen una página web donde la gente deja ideas y así completan los libros.

                            

01/12/11

NORABOA, POETA!


O escritor chileno Nicanor Parra , coñecido como creador da “antipoesía", gañou o Premio Cervantes 2011 , considerado o máis importante galardón das letras hispánicas por “unha traxectoria moi ampla, toda unha vida dedicada á poesía”. 

Parra  naceu en Chile o 5 de setembro de 1914 no seo dunha modesta familia pero rodeado dun ambiente artístico.  O seu primeiro libro foi publicado en 1937 co título Cancionero sin nombre. Co paso dos anos adoptou unha liña denominada por el mesmo como ANTIPOESÍA, que supuxo a introdución da linguaxe cotiá na poesía tradicional. A principal mostra desta tendencia queda plasmada en Poemas y antipoemas, 1954.

Aquí tedes, na súa voz, o seu poema Autorretrato:



       Cartas a una desconocida    
                                       

Cuando pasen los años, cuando pasen 
los años y el aire haya cavado un foso 
entre tu alma y la mía; cuando pasen los años 
y yo sólo sea un hombre que amó, 
un ser que se detuvo un instante frente a tus labios, 
un pobre hombre cansado de andar por los jardines, 
¿dónde estarás tú? ¡Dónde 
estarás, oh hija de mis besos!

30/11/11

MARK TWAIN

                                                 

Hoxe celébrase o 176 aniversario do nacemento de Mark Twain, humorista e escritor de gran renome e popularidade dos Estados Unidos. Algunhas das súas obras máis coñecidas son As aventuras de Tom Sawyer (1876), Príncipe e esmoleiro (1882), As aventuras de Huckleberry Finn (1884) e Un ianqui na corte do Rei Arturo (1889). 


"O home é o único animal que come sen ter fame, bebe sen tener sede e fala sen ter nada que dicir".


"O banqueiro é un señor que nos presta o paraugas cando vai sol e nolo esixe cando empeza a chover".

"Para facer que alguén, sexa home ou mozo, desexe algunha cousa, só é necesario facela difícil de conseguir".

"É mellor ter a boca pechada e semellar parvo que abrila e aclarar a dúbida".

29/11/11

JOSÉ LUIS SAMPEDRO



O escritor, humanista e economista José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) foi galardoado hoxe co Premio Nacional de las Letras que concede o Ministerio de Cultura en recoñecemento á súa traxectoria literaria e ao conxunto da súa obra. Sampedro, académico da RAE dende 1990, é un dos referentes intelectuais e morais dos indignados do movemento 15-M, o que popularizou enormemente a súa figura neste ano xa que prologou a versión en castelán do célebre libro Indignádevos, do diplomático francés Stéphane Hessel. 
O premio non pode ser máis merecido, parabéns!

IMAXE DO DÍA



"Hai moitas portas para ir a Fantasía, rapaz. E aínda máis libros máxicos. Moitos non se dan conta. Todo depende de quen colla eses libros."
                        
                                                   Palabras do libreiro Koreander, en 
                                               A historia interminable, de MICHAEL ENDE.

28/11/11

GLORIA FUERTES

Onte foi o aniversario do pasamento da poeta española Gloria Fuertes, que morre en Madrid o 27 de novembro de 1998.


 

Naceu en Madrid nun fogar modesto, sen recursos económicos e non puido recibir unha educación esmerada, porén, aos vinte anos publicou o seu primeiro libro de contos infantís, iniciando así unha abraiante carreira literaria que a levou a obter no 1961 unha bolsa para ensinar literatura española na Universidade de Pennsylvania. Obtivo numerosos premios e accésits polos seus contos e poemas. 


                     EL CAMELLO COJITO
               (AUTO DE LOS REYES MAGOS)

El camello se pinchó
Con un cardo en el camino
Y el mecánico Melchor
Le dio vino.
Baltasar fue a repostar
Más allá del quinto pino...
E intranquilo el gran Melchor
Consultaba su "Longinos".
-¡No llegamos,
no llegamos
y el Santo Parto ha venido!
-son las doce y tres minutos
y tres reyes se han perdido-.
El camello cojeando
Más medio muerto que vivo
Va espeluchando su felpa
Entre los troncos de olivos.
Acercándose a Gaspar,
Melchor le dijo al oído:
-Vaya birria de camello
que en Oriente te han vendido.
A la entrada de Belén
Al camello le dio hipo.
¡Ay, qué tristeza tan grande
con su belfo y en su hipo!
Se iba cayendo la mirra
A lo largo del camino,
Baltasar lleva los cofres,
Melchor empujaba al bicho.
Y a las tantas ya del alba
-ya cantaban pajarillos-
los tres reyes se quedaron
boquiabiertos e indecisos,
oyendo hablar como a un Hombre
a un Niño recién nacido.
-No quiero oro ni incienso
ni esos tesoros tan fríos,
quiero al camello, le quiero.
Le quiero, repitió el Niño.
A pie vuelven los tres reyes
Cabizbajos y afligidos.
Mientras el camello echado
Le hace cosquillas al Niño.