Amosando publicacións coa etiqueta ALUMNADO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALUMNADO. Amosar todas as publicacións

21/06/19

FIN DE CURSO!!





Estes foron os agasallos deste ano dende o equipo da Esperela. Parabéns, alumnado, e moita sorte!!

14/06/19

A ÚLTIMA DE ATRAPASOÑOS!!



Hoxe rematamos cos Atrapasoños deste curso. Tivemos unha sesión moi emotiva, con lecturas, vídeo, merendola e agasallos. Esta Belén moito vale!! Que bonito organizou o curso e como soubo crear grupo! Grazas, Belén, por ensinarnos tanto! 

31/05/19

UNHA MÁIS DE ATRAPASOÑOS!!

Os Atrapasoños xúntanse outra vez, nesta ocasión cun relato de César Mallorquí, Rapaz omega. Unha historia de acoso e crueldade que nos fai reflexionar sobre as propias responsabilidades.

Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños!

24/05/19

EDUARD PUNSET

O 22 deste mes finou o escritor e científico catalán Eduard Punset.
"Es imposible educar sin sentimiento. Cada uno de nosotros es una comunidad andante de células que ha entregado al cerebro las llaves de su comportamiento".
Imaxe relacionada

23/05/19

VOLVEMOS AO SÉCULO XVII



Hoxe, tres rapazas e un rapaz de 3º de ESO convertéronse en personaxes do século XVII e levaron o seu saber ao cole de primaria. Alí, a rapazada de 5º escoitou con atención e aprendeu algo máis de Cervantes, Shakespeare, Hamlet e Don Quijote.
Que sorte poder contar con este alumnado tan colaborador!! Moitas grazas!!

22/05/19

UN CAMPIÓN!!



O departamento de Educación Física e a biblioteca A Esperela trouxeron hoxe ao instituto a Martín Varela Dourado, un campión de tenis e de vida. Xogou e falou da súa experiencia co alumnado de 3º e 4º de ESO nunha visita difícil de esquecer.
Grazas, Martín!!

17/05/19

15/05/19

EDWARD HOPPER

Edward Hopper foi un pintor estadounidense, famoso polos seus retratos da soidade da vida americana contemporánea. Morreu o 15 de maio de 1967.

09/05/19

MARÍA CANOSA NA ESPERELA!


A escritora María Canosa visitou hoxe o noso instituto para falar do seu libro Muriel co alumnado de 1º ESO. Antes de marchar quixo coñecer A Esperela e asinar uns exemplares. Grazas, María!!

07/05/19

STRANGER THINGS


Para os fans de Stranger Things temos na Esperela a guía oficial da serie, Mundos del revés, con material inédito e exclusivo para entender e descubrir os seus  segredos mediante mapas e entrevistas cos actores.

03/05/19

NOVIDADES NA ESPERELA!



Xa están á vosa disposición os libros que mercou en "Moito conto" o alumnado de 3º ESO. Menudo éxito!!