29/10/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Cristina Rocha, 2º Bacharelato

Historia de una escalera, Antonio Buero Vallejo

Coa publicación de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca, ráchase a crenza do destino marcado na túa vida, incluso denantes de que esta sexa nada. Nesta obra de Calderón, a figura principal, Segismundo, representa a forza dos actos e o camiño a seguir decidindo por el mesmo vencer os obstáculos impostos, marcando así o seu propio destino.
De igual forma, Antonio Buero Vallejo amosa a súa conformidade ante o novo pensamento e mediante a súa obra teatral, Historia de una escalera, vólvese a facer patente o poder do cambio e do esforzo a través dos personaxes principais e os seus fillos, que tomarán parte nesta obra como a reencarnación do problema e a porta cara ó futuro do cambio. E, é que quizáis, o que todos nós necesitamos é deixar atrás esa meta marcada por obligación, que nos persegue e dende un sentido indirecto nós seguimos. Polo que, para poder cumprir os nosos desexos e marcar deste xeito o noso propio camiño, debemos vencer a presión da sociedade que nos rodea.
En resumo, Calderón plantexa unha pregunta, unha cuestión, unha dúbida, unha reflexión á que, segundo o meu parecer, dalle resposta con esta obra realista Buero Vallejo.

27/10/11

IMAXE DO DÍA

Para os fans de Star Wars: este alfabeto representa os personaxes, quen é capaz de dicilo todo?
Pistas: A de Ackbar, B de Bobba, C de...




Unha obra de Fabián González.

26/10/11

SAMAÍN NA ESPERELA

Como adianto do Samaín, este arrepiante vídeo dirixido por Javier González (2º de Bacharelato) e protagonizado por Jorge González (3º ESO A). 


Estades preparados para pasar medo?



25/10/11

FOTOGRAFAR AS PALABRAS



Aplaudimos a iniciativa de Elena Conde, a profesora de Informática de 1º de Bacharelato, que logrou que os seus alumnos fotografasen palabras
Nos seus blogs, a música, as palabras e as imaxes transmiten emocións a partes iguais.
Esta exhibición de sensibilidade é tamén un xeito de facer poesía.



Se queredes ver os resultados, premede aquí.


IMAXE DO DÍA

UN DÍA AXEITADO PARA SOFÁ, MANTA E LIBRO

FESTIVAL DE CINE OUFF

O noso instituto vén de participar cunha curtametraxe no 16 Festival de Cine Internacional de Ourense, na categoría de Ensino non Universitario, OUFF Escola. 
A curta, impulsada dende o EDLG, está dirixida e realizada polo alumno de 2º de Bacharelato Javier González e protagonizada polo alumnado de 4º ESO PDC, aínda que non podemos esquecer a actuación estelar do noso profesor de Física, Luis Cruz. 
Parabéns a todos os que participaron neste proxecto!


Que vos parece?

24/10/11

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Mirade neste vídeo que cousas pasan ás veces nunha biblioteca...


   Para conmemorar o día das bibliotecas, recordemos o que dixo delas Agustín Fernández Paz (texto íntegro aquí):

"ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senon as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta."