14/12/12

EL HOBBIT. Cómic e Película

El Hobbit. Historia de una ida y una vuelta. C. Dixon e D. Wenzel. O Clásico de J.R.R. TOLKIEN, adaptado ao cómic
O día en que Bilbo Bolsón recibe a visita do mago Gandalf e dun grupo de ananos, a súa plácida existencia de hobbit cambia radicalmente. Elfos, dragones e un anel máxico cruzaranse na aventura máis fantástica de toda a súa vida...
Un prólogo imprescindible para comprender O SEÑOR DOS ANEIS. O mellor da fantasía e a aventura dáse cita nas páxinas do HOBBIT.
 A vosa disposición na biblioteca
Como sabedes hoxe estréase a película baseada na obra de Tolkien.



Acompañade a Bilbo na aventura de ida e volta.

13/12/12

RECITAMOS CELSO EMILIO

Na data máxica de onte, 12 do 12 as 12 e 12, recitamos xuntos e aquí podedes ver unhas fotos



Grazas por participar conxuntamente con outros centros  de Galicia

11/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO: 12 do 12 as 12 e 12


Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

A Esperela únese a esta iniciativa convidando a toda comunidade educativa a recitar o poema Deitado fronte ao mar o mércores 12 do 12 as 12 e 12.

Dios ke te crew / garcia mc - deitado frente ao mar








Aquí podedes ver unha presentación sobre o autor e a súa obra.
Grazas a Biblioteca Arquivos do Trasno do IES Rafael Diste, A Coruña
Esperámosvos na biblioteca

09/12/12

A ESPERELA COS DEREITOS HUMANOS




O 10 de decembro conmemorase o día dos dereitos humanos por ser nesa data do ano 1948 cando aprobouse a declaración nas Nacións Unidas.
Escaleraa la luna (1958). Georgia O'keeffe
 Lémbrate de ver a exposición colocada no recibidor do instituto.

Os dereitos humanos a través da pintura. Unha presentación de Amnistía Internacional, podes vela clicando na imaxe




Mais información

DEREITOS HUMANOS: VIÑETAS...PARA PENSAR 

Mirar, ler, reflexionar, actuar...

Cambiar a realidade

Grazas