26/10/18

VOLVEN OS ATRAPASOÑOS!!


Hoxe comezamos coa primera sesión de Atrapasoños deste curso. Estaba convocado o alumnado de 3º e 4º de ESO e a asistencia superou as nosas expectativas. Houbo almorzo, agasallos e o máis importante, lectura. O texto escollido foi un relato de Sandra Cisneros titulado Once. Non puidemos empezar mellor! 
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.

24/10/18

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase o Día Internacional da Biblioteca, recordando así a destrución da biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns.
Nós celebramos este día na Esperela preparando o voluntariado de 4º de ESO. Non hai mellor maneira!!