19/12/10

ASEMBLEA DOS POBOS EN MOSTEIRÓN


PREMIO

O pasado venres 17 de decembro os alumnos de 1º ESO participarn no concurso "PASSWORD" organizado polo Concelo de Sada. Resultaron gañadores "Pablo Blas e Iván López", a súa participación deixou abraiados o resto de concursantes...PARABÉNS e a disfrutar do premio.

25/11/10

25 de NOVEMBRO: Non mais violencia contra as MULLERES

Seguindo co tema do día, podes entrar neste enlace para escoitar cancións sobre o tema. Ofrécennos esta selección dende o IES Luís Seoane, Biblioteca Iris

Dende Foz chega esta curta, paga a pena


24/11/10

25 de NOVEMBRO: Non mais violencia contra as MULLERES

Lazo deseñado pola Biblioteca do CEIP de Pazos

Neste dia de reflexión e cambio de actitudes compre pensar un pouco no que acontece o noso lado, como tratamos as mulleres, pero sobre todo: por qué?
Achegamos algúns enlaces para que nos axuden a berrar con forza:NON A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A ONU declarou no ano 1993 que a violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos. No ano 1999 declarou o día 25 de novembro "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres".

Música contra a violencia de xénero.



Campaña do Concello da Coruña, pincha no cartel


Recomendacións do Secretariado da Muller da CIG

Podemos cambiar, É COUSA DE TODOS/AS

22/11/10

CARNÉ da BIBLIOTECA



Xa tes o teu carné da biblioteca? Anímate e pasa a recollelo durante os recreos, é fundamental para que poidas retirar libros, DVS, CD, etc (Profes, tamén)
Si xa tes os datos e a foto, lémbrate que tes que cuñalo para que este completo e poidas facer uso del. Grazas

21/11/10

20 de novembro: ESTADO DO BEN ESTAR OU ESTADO DO BEN ESTÁ?


No dia internacional dos dereitos dos nenos e as nenas queremos pensar un pouco na situación real na que se encontran.

Mira os enlaces, podes atopar algunha sorpresa.

UNICEF:

Presentación do Primeiro Informe sobre a Infancia en España 2010-2011: un de cada catro nenos en España é pobre

Podes mirar estes videos, forman parte dunha campaña de sensibilización sobre a situación da infancia no mundo.


QUERES COÑECER CALES SON OS TEUS DEREITOS ?, MIRA ESTA VERSIÓN DO DEBUXANTE QUINO, AUTOR DE MAFALDA


Tamén podes coñecer meniños unha ong galega que traballa a favor da infancia


16/11/10

CESTALIBROS LIBRES


Como sabedes dende o 25 de outubro as cestalibros están presentes nas aulas. Todos os días lemos xuntos 15 minutos na materia que corresponda seguindo o calendario aprobado no claustro. Antes de chegar as aulas estiveron na biblioteca. Así quedaron.
Estamos esperando os vosos comentarios sobre os libros que estades a ler, COMPARTINDO LECTURAS, aprendemos mais. GRAZAS.

Tamara escribe sobre Miguel

Tamara Gestal (1º Bach) quere compartir con nos un texto sobre Miguel Hernández. Moitas grazas pola tua sensibilidade

Soñar o soñado, suspiros desvalixados , bocas morriñentas.. Probablemente os mesmos sentimentos xogando a esconderse na soberbia. Ensaríllanse os razoamentos, mestúranse as dúbidas e esquécese o amor. Dor, temor, sufrimento e por riba de todo…morte. Escuridade magoenta atravesando o túnel dos sentimentos esquecidos. A razón nin falta nin asiste. Repenica o corazón nas noites que comezan a quedarse curtas. A tristeza paséase por cada ollada e a esperanza establécese en ti.
Un saúdo. Tamara.

04/11/10

Inauguración

Onte inauguramos no recibidor do Instituto a exposición sobre Miguel Hernández. A Parte dos paneis, completase con unha mostra bibliográfica sobre o autor e utensilios de escritura da época.

24/10/10

Empezamos

O dia 25 de outubro, e non sin bastante traballo, comenzamos no instituto unha nova experiencia: Hora de ler. Todos os dias leeremos xuntos nas clases 15 minutos, para disfrutar, experimentar e visitar mundos novos que nos axuden a medrar.
Esperamos que as vosas experiencias oas lecturas que escollades das cestas, da casa, da biblioteca,.. as compartades con todos nos neste espazo de cmunicación que tentaremos de xestionar dende a biblioteca.
Grazas por achegarnos a lectura con miradas abertas.

NACH RAPEA A M. H.

21/10/10

VIENTOS DEL PUEBLO

J.M.SERRAT, PARA LA LIBERTAD

ELEGÍA, J.M.SERRAT

UMBRIO POR LA PENA, J.M.SERRAT

CANCIÓN ULTIMA, J.M.SERRAT

TRES HERIDAS,J.M. SERRAT

ANDALUCES. P. IBAÑEZ

Niño yuntero. V. JARA

NIÑO YUNTERO

NANAS DE LA CEBOLLA