19/12/16

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Estas son as nosas recomendacións para estes días de vacacións. Hainas para todos os gustos e idades, non as perdades!

12/12/16

A ESTRELA DA ESPERELA


Non foi doado decidir, pero por fin temos estrela na nosa árbore de Nadal. A autora é Nuria Aguiar, de primeiro de ESO A. 
Parabéns para ela!!


Neste Nadal, agasallo cultural!!!

08/12/16

GEORGES MÉLIÈS

O 8 de decembro de 1861, nace Georges Méliès, ilusionista, director e produtor de cine francés. 
Asiste á estrea das primeiras películas dos irmáns Lumière, inventores do cinematógrafo, e convencido das posibilidades de futuro do invento, merca unha cámara cinematográfica e constrúe uns estudos nos arredores de París, volcándose na dirección e produción de películas. Entre 1899 e 1912 realiza preto de catrocentos filmes.


Nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, podedes visitar de forma gratuíta a exposición "Empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900".

30/11/16

PREMIO CERVANTES 2016


Hoxe foi anunciado o nome do Premio Cervantes 2016: Eduardo Mendoza. Este premio, considerado o máis importante das letras hispanas, quere recoñecer que Mendoza "inaugurase unha nova etapa na narrativa española", devolvendo ao lector "o goce polo relato" cunha lingua literaria "chea de sutilezas e ironía".
Na Esperela podedes encontrar algúns dos seus libros!

23/11/16

O PAPAGAIO


Nace "O Papagaio", un xornal en papel orientado a lectores de Educación Primaria e Secundaria, escrito integramente en galego e a toda cor. Son doce páxinas con seccións dedicadas á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración ou banda deseñada.
Teredes dous números desta publicación todos os meses na Esperela!!

22/11/16

OBRADOIRO NA ESPERELA

Hoxe tivemos na Esperela un novo Obradoiro, nesta ocasión para segundo de ESO. Da man da poeta Dores Tembrás coñecimos o que hai de emoción no grafiti: reflexionamos sobre o que é a poesía, o valor das "pintadas" e buscamos a nosa palabra fundamental e toda a súa constelación. Foi moi interesante porque axudou a mirar con ollos diferentes, dentro e fóra de nós...
Moitas grazas, Dores!!

POESÍA E GRAFITI on PhotoPeach

Lembrade o que vos contou de Acción Poética...

14/11/16

OBRADOIRO NA ESPERELA


Que tarde tan divertida tivemos hoxe na Esperela. Veu Xosé Tomás a ofrecernos un Obradoiro de Ilustración e banda deseñada: as súas orixes, os seus códigos, as personaxes e o guión, alternando as explicacións coas prácticas, tanto de XTomás como do alumnado. Foi moi moi interesante!!
OBRADOIRO CON XOSÉ TOMÁS on PhotoPeach
Grazas por vir, Xosé Tomás!!

11/11/16

E ADEUS, LEONARD COHEN


Morreu tamén o poeta e cantautor canadiense Leonard Cohen. Figura imprescindible entre os artistas xurdidos nos anos 60, Cohen estivo en activo durante toda a súa vida, combinando música e poesía, pois a literatura foi a súa gran paixón. Deixa dez poemarios e dúas novelas.
En 2011 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras e foi candidato ao Nobel de Literatura en varias ocasións.
Que a súa música fale por el nesta interpretación do poema de Federico García Lorca:

ADEUS, FRANCISCO NIEVA

Onte morreu Francisco Nieva, dramaturgo, director de escena (ópera, zarzuela e ballet), narrador, ensaísta e debuxante. Tiña 92 anos e foi un neno precoz que xa na infancia escribía relatos e breves pezas teatrais. 
En 1990 ingresa na Real Academia Española, na letra J. A súa produción teatral levoulle a gañar dúas veces o Premio Nacional de Teatro e tamén o Premio Nacional de Literatura. No ano 1992 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras pola súa obra literaria en xeral.

08/11/16

XOSÉ TOMÁS NA ESPERELA

O vindeiro luns, 14 de novembro, o ilustrador e profesor Xosé Tomás impartirá na Esperela un Obradoiro de Ilustración para o alumnado de terceiro de ESO... Menuda sorte!!

05/11/16

PORTAS ABERTAS NOS MUSEOS CIENTÍFICOS


A entrada dos Museos Científicos Coruñeses será gratuíta desde o vindeiro luns 7 ata o domingo 13 co gallo da celebración da Semana da Ciencia
Aproveitade estes sete días para visitalos!!

01/11/16

MIGUEL HERNÁNDEZ

O poeta Miguel Hernández naceu en Orihuela un 30 de outubro de 1910 e morreu con tan só 31 anos nun cárcere franquista.


Tedes AQUÍ unha selección dos seus poemas.

28/10/16

FESTA NA ESPERELA!!

Hoxe na Esperela houbo de todo: Matilda, Rebeldes, Tom Sawyer, Bajo la misma estrella, Vampiros, Mujercitas, Cyrano de Bergerac, o Teatro, Harry Potter...

DÍA DA BIBLIOTECA on PhotoPeach

27/10/16

IMOS O TEATRO!

O alumnado de primeiro e segundo de ESO presenciou hoxe a obra teatral Kassa, da Compañía Elefante Elegante. Parece que lles gustou... estiveron moi atentos!!


21/10/16

17/10/16

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe conmemórase o Día das Escritoras coa intención de facer visible e recuperar o traballo das mulleres na literatura e para loitar contra a discriminación sufrida ao longo da historia.

13/10/16

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016


O músico Bob Dylan foi galardoado hoxe co Premio Nobel de Literatura 2016 "por crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción".  É recoñecido como "un gran poeta na tradición da lingua inglesa, moi orixinal, que segue actuando e reiventándose a si mesmo, creando unha nova identidade".

MORRE DARIO FO

Día triste para a cultura: morreu Dario Fo, dramaturgo, actor e activista social, gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1997.


11/10/16

LEMBRAMOS A AGUSTÍN

Neste mes de xullo, Agustín Fernández Pazo autor máis prolífico (máis de 50 títulos) e máis premiado das nosas letras, morría en Vigo aos 69 anos. Era tamén un referente cultural e humano que destacou polo seu compromiso coa lingua galega.
No ano 2008 visitou a Esperela, deixando unha pegada inesquecible. Hoxe nós queremos lembralo e amosar así a nosa gratitude.

05/10/16

01/10/16

HORA DE LER

O próximo luns 3 de outubro comeza na Esperela a esperada "Hora de ler", na que todos os grupos pasaredes pola biblioteca como mínimo unha hora semanal. Preparade os vosos libros e gozade da lectura!


Lembrade tamén que xa podedes retirar exemplares de préstamo!

20/09/16

30/06/16

22/06/16

DESPEDIDAS NO MOSTEIRÓN


Hoxe foi un día raro, de emocións cruzadas: alegría polos obxectivos cumpridos, polas mostras de afecto e amizade, tristeza polas despedidas, polas etapas que rematan. 

DESPEDIDAS on PhotoPeach

Lembrade, o camiño é longo, hai moito por aprender, moito por coñecer. Non perdades o entusiasmo! 

18/06/16

JOSÉ SARAMAGO


Hoxe cúmprense seis anos do pasamento de José Saramago, Premio Nobel de Literatura en 1998. Cando recolleu este premio, falou do seu avó, analfabeto pero sabio. Na súa vontade de facer do mundo un lugar mellor, falou tamén da necesidade de marcar uns deberes éticos ao ser humano. Uns deberes e obrigas que agora toman forma nunha carta redactada por un grupo de traballo da Universidade Autónoma de México.

16/06/16

"NO RÍO DOS VERSOS"


Hoxe asistimos, na capela de San Roque, á presentación da curtametraxe "No río dos versos", realizada polo alumnado de cuarto de ESO, dentro do proxecto "Cinema en curso" que coordina o CGAI xunto cos departamentos de Lingua Galega e Literatura e Educación Plástica e Visual. A curta xira ao redor dos versos do poeta Manuel María.
Non puido ser máis emotiva! Parabéns, rapazada! Parabéns, profes!

14/06/16

LEMBRANDO A BORGES


Jorge Luis Borges morreu o 14 de xuño de 1986 en Suiza. É un dos escritores máis importantes do século XX, non só en Arxentina, o seu país de orixe, senón mundialmente. A súa obra inclúe contos, ensaios e poemas

13/06/16

PRESAS FÁCILES


Xa tedes na Esperela Presas fáciles, o último libro de Miguelanxo Prado. Unha historia de vinganza que xira en torno a dous temas: a corrupción e os desafiuzamentos.

08/06/16

AVISO IMPORTANTE


Atención a tod@s, o venres 10 é o último día para retirar libros da biblioteca. Todos deberán estar de volta o mércores 15. Mirade ben na casa, que hai moito moroso...

06/06/16

CANTÁCHEDES, CASTÁSTEDES OU CANTASTES?

En vista das moitas dúbidas que hai con esta forma verbal, preguntamos á académica Rosario Álvarez (por non preguntarlle sempre a Belén...)

05/06/16

NACEMENTO DE FEDERICO GARCÍA LORCA


O cinco de xuño de 1898 nacía Federico García Lorca, poeta, dramaturgo e prosista granadino, adscrito á Xeración do 27. É o poeta de máis importancia e popularidade da literatura española do século XX. Morreu fusilado tras o golpe de Estado que deu orixe á Guerra Civil Española.

01/06/16

LUIS ROSALES


O 31 de maio de 1910 nacía en Granada o poeta da Xeración do 36 Luis Rosales. A súa obra, que abrangue todo o periodo histórico da posguerra, foi evolucinando dende o clasicismo ata un estilo próximo ao vangardismo surrealista. Estas dúas etapas fúndense na súa obra La casa encendida.


Autobiografía

Como el náufrago metódico que contase las olas que le

    bastan para morir; 

y las contase, y las volviese a contar, para evitar errores, 

hasta la última,

hasta aquella que tiene la estatura de un niño y le cubre 
    la frente,
así he vivido yo con una vaga prudencia de caballo de cartón 
    en el baño,
sabiendo que jamás me he equivocado en nada, 
sino en las cosas que yo más quería.

29/05/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Sofía Vázquez
Aya deYopougon, MargueriteAbouet/Clément Oubrerie

Aya de Yopougon nos muestra la vida en un pueblo africano de un modo distinto, pues nos deja ver que no todo es pobreza y sufrimiento y que los problemas cotidianos también están presentes.

27/05/16

TEMOS BUZÓN!!

Xa está en marcha o buzón da Esperela. Esperamos impacientes as vosas suxestións!

Moitas grazas a Thainá e Sofía, sempre colaboradoras!!!

26/05/16

VISITA NA ESPERELA

Hoxe recibimos na Esperela a visita do alumnado de sexto de primaria do CEIP O Mosteirón que cursará estudos no noso centro o vindeiro curso. Foron acollidos por seis alumn@s voluntarios de cuarto de ESO que exerceron de cicerones e responderon ás súas preguntas. Grazas a tod@s!

23/05/16

MIRADE, MIRADE...


As butacas da Esperela cambiaron de cara grazas á nosa tapiceira particular, Belén, que hoxe as trouxo completamente transformadas: menuda artista!!

18/05/16

IRMANDADES DA FALA

O 18 de maio de 1916 convocouse unha xuntanza na rúa Rego de Auga da Coruña, nos locais da Real Academia Galega. Entre os asistentes estaban os irmáns Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire ou Uxío Carré Aldao. Nesta xuntanza naceu a Irmandade dos Amigos da Fala, unha agrupación cuxo obxectivo principal era a promoción da lingua galega.
Antón Villar Ponte foi nomeado primeiro Conselleiro.

16/05/16

13/05/16

HOMENAXE A MANUEL MARÍA


Para homenaxear a Manuel María, o alumnado de cuarto preparou unha exposición na que non faltou a poesía, a música, as proxeccións e o teatro. Parabéns, rapazada! Sodes do melloriño!!




12/05/16

CONTACONTOS NA ESPERELA


Hoxe na Esperela tivemos a Charo Pita e Sophie Heydel nunha divertidísima sesión de contacontos, posible grazas á colaboración dos departamentos de Inglés e Galego. 



08/05/16

A POESÍA VOA

Para completar a nosa acción poética, estes avións cargados de versos voan agora diante da porta da biblioteca.