"Hai nenos que len baixo as sabas, coa lanterna na man, en contra do mundo enteiro. Hai unha dimensión de transgresión na lectura... desa maneira créase un espazo para a intimidade, un xardín protexido de olladas".
22/03/12
21/03/12
DÍA DA POESÍA NA ESPERELA
Hoxe celebramos na Esperela un recital poético no que alumnado e profesorado recitaron poemas de Celso Emilio Ferreiro, conmemorando así tamén o seu centenario.
Escoitade as voces desta actividade tan emotiva:
20/03/12
SEMANA DA POESÍA NA ESPERELA
Na Esperela estamos a celebrar a semana da poesía coas seguintes actividades:
Nas aulas, durante a hora de ler (4ª hora) lemos poemas en distintas linguas.
O mércores 21 ás 10:10 faremos un recital poético na biblioteca no que alumnado e profesorado recitará poemas de Celso Emilio Ferreiro.
"Colle un libro e leva un poema": cando retires un libro da biblioteca recibirás como agasallo un poema de Celso Emilio Ferreiro.
19/03/12
CONCURSO FOTOLIBRO
O pasado venres, A Esperela entregou os premios do concurso de fotografía con libros Fotolibro. Debido ao éxito de participación e á calidade dos traballos presentados, vímonos obrigados a entregar catro primeiros premios e varios accésits e mencións.
Podedes ver todas as fotos que participaron
Aquí tedes os gañadores coas súas obras...
17/03/12
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O próximo día 21 celebraremos na Esperela o día mundial da poesía. Se queredes saber como o faremos, estade atentos a este blog. De momento, aquí tedes cinco motivos para ler poesía según o escritor Fran Alonso.
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»(Recollido en Bibliotecas Escolares de Galicia)
16/03/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Sara Arias, 1 Bacharelato
El silencio se mueve, Fernando Marías
Este libro trata de un hombre que tiene una capacidad especial de escuchar y analizar el silencio. Un día, una chica llamada Liza va en busca de su ayuda porque su hija se queda hipnotizada, como si alguien la controlase haciendo dibujos y llevándola a lugares sin darse cuenta. Cuando reaccionaba, nunca se acordaba de qué había pasado.
Recomiendo este libro a todo el mundo que le gusten los libros de misterio porque una vez que empiezas a leer y coges el hilo de la historia, no puedes parar.
15/03/12
THE GODFATHER
Hoxe cúmprense corenta anos da estrea en 1972 da que para moitos é a mellor película da historia, O PADRIÑO, de Francis Ford Coppola, baseada no libro, O Padriño, de Mario Puzo. A publicación de O Padriño en 1969 supuxo unha convulsión no mundo literario. Por primeira vez, a Mafia protagonizaba unha novela e era retratada dende dentro con acerto e verosimilitude. Mario Puzo presentábaa non coma unha mera asociación de facinorosos, senon coma unha complexa sociedade cunha cultura propia e unha xerarquía aceptada incluso máis aló dos círculos de delincuencia. O Padriño narra a historia dun home: Vito Corleone, o capo máis respectado de Nova Iorque.
Aquí o tedes nese momento memorable:
"fareille unha oferta que non poderá rexeitar".
14/03/12
AKIRA YOSHIZAWA
Akira Yoshizawa (que morreu en Tokio o 14 de marzo de 2005) foi un notable mestre do origami xaponés, que é a arte de dobrar papel para crear figuras (a palabra origami procede dos vocablos xaponeses "oru", dobrar, e "kami", referido ao papel).
Recoñéceselle elevar o origami desde a artesanía ou o simple pasatempo á súa condición artística, sendo por tanto un dos "pais do origami". Calcúlase que creou máis de 50.000 modelos, dos cales só uns poucos centos de deseños foron publicados nos seus dezaoito libros.
Na tradición máis pura do origami, para os seus deseños nunca utilizou tesoiras, pegamento ou adornos adicionais ás figuras.
Mirade algunhas das súas creacións:
12/03/12
O NÓ NARRATIVO
Unha narración é o relato de feitos reais ou imaxinarios que suceden a personaxes verdadeiros ou ficticios, nun lugar e nun tempo determinados. Estes relatos adoitan presentar tres partes: presentación, nó e desenlace.
Na presentación aparecen os elementos e personaxes fundamentais e sitúanse os feitos nun lugar e nun tempo. No nó aparece e desenvólvese o conflito, é o momento de maior interese, o momento da intriga. O desenlace é o episodio final no que se resolve ou finaliza o conflito.
Dependendo da obra, ou do autor, ese nó será máis ou menos simple, complexo, fantástico, estético, violento...
10/03/12
CARLOS CASARES IN MEMORIAM
Onte cumpríronse dez anos do pasamento do narrador, ensaísta, biógrafo e tradutor Carlos Casares.
A súa obra é moi extensa: deuse a coñecer con Vento ferido (1967), unha colección de relatos breves sobre a violencia e o fatalismo. Tamén destaca Ilustrísima (1980) e O sol do verán (2002).
Como escritor de literatura infantil publicou, entre outras, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973) e Lolo anda en bicicleta (1996).
Fixo tamén traducións ao galego de libros como Le petit prince, do francés Antoine de Saint-Exupéry.
A súa obra é moi extensa: deuse a coñecer con Vento ferido (1967), unha colección de relatos breves sobre a violencia e o fatalismo. Tamén destaca Ilustrísima (1980) e O sol do verán (2002).
Como escritor de literatura infantil publicou, entre outras, As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973) e Lolo anda en bicicleta (1996).
Fixo tamén traducións ao galego de libros como Le petit prince, do francés Antoine de Saint-Exupéry.
Cómpre salientar o esforzo que o intelectual fixo para a redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística no 1983. Foi presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002), e a dirixiu a editorial Galaxia (1986-2002) e a revista Grial.
09/03/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Ángel Rodríguez Gómez, 2 ESO B
Escenarios Fantásticos, Joan Manuel Gisbert
Esta divertida e interesante historia me enganchó desde el primer momento que empecé a leerla.
Trata de hombre que, ayudado de su periodista Nathaniel Maris y sus técnicas de captura y traslado de espejismos, elabora el famoso Teatro Mundial de Espejismos, que fue arruinado antes de su inauguración. A continuación, después de varios años, llega el día de estreno del parque de atracciones del Arco Iris.
Si queréis saber qué o quién arruinó el teatro de espejismos, qué atracciones tenía el parque y qué pasó el día de la inauguración, sólo tenéis que empezar a leer este increíble, fantástico y disparatado libro.
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
08/03/12
07/03/12
HÉCTOR CARRÉ NO MOSTEIRÓN
Este martes estivo no noso instituto o escritor Héctor Carré para falarnos de cine e do seu último libro, Febre. A obra, gañadora da Vª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, foi a lectura que fixeron os grupos de 4º e de 1º de bacharelato, que estaban ansiosos por coñecer o seu autor.
Se queredes saber máis desta visita, consultade o Édelingua.
06/03/12
PARABÉNS, GABO!
Hoxe cumpre 85 anos o escritor colombiano Gabriel García Márquez, coñecido polos seus amigos como Gabo. Tamén neste ano cúmprense 30 anos do seu premio Nobel de Literatura.
García Márquez está directamente relacionado co realismo máxico e a súa obra máis coñecida, Cien años de soledad, considérase unha das máis representativas deste xénero, que mestura fantasía e mito coas actividades diarias e ordinarias. Con motivo do seu aniversario, esta obra publícase hoxe en formato dixital.
Outra das súas novelas máis coñecidas, Crónica de una muerte anunciada, será a lectura do terceiro trimestre en 4* da ESO.
"El secreto de una buena vejez no es otra cosa que un pacto honrado
con la soledad".
05/03/12
LA SOMBRA DE LEAR
O xoves día 1, o alumnado de 3º, 4º e 1º de Bacharelato do noso instituto asistiu á representación da obra La sombra de Lear, da compañía teatral Ultramarinos de Lucas.
Podedes ler aquí algunhas das súas opinións:
"...Lo que más me gustó es la parte donde el actor representaba los sentimientos del rey a través del efecto de las luces..." (Adrián Brandariz)
"...He pasado un buen rato aprendiendo como un solo actor puede representar a todos esos personajes, eso me pareció impresionante..." (Jorge Salorio)
"...Me gustó que el actor estuviera dentro y fuera de la obra, porque ayudó mucho a entenderla mejor..." "...El actor al principio dijo que le daba miedo representar la obra, porque no sabía como íbamos a reaccionar. Pero a mí me pareció que él disfrutó actuando, como yo disfruté de la obra..." (David Seijo)
"...También me gustó cuando salía y se metía en la obra, y me parece muy
difícil concentrarse después de explicarla. Lo que no me gustó es
que la obra fue bastante larga y el final fue muy rápido como si
se acabase con prisa..." (Inés Díaz)
"...También me gustó cuando salía y se metía en la obra, y me parece muy
difícil concentrarse después de explicarla. Lo que no me gustó es
que la obra fue bastante larga y el final fue muy rápido como si
se acabase con prisa..." (Inés Díaz)
"...Me pareció muy original que los personajes en vez de ser personas fueran objetos. Cada objeto tenía algo que ver con el personaje al que representaba, como una sandalia a la hija menor o un zapato grande como el padre..." (Sara Canle)
"...Fue una obra magnífica, lo que pasa es que fue muy larga. Lo que más
me impactó fue la originalidad de los personajes, nunca había visto
una obra de teatro de este tipo..." (Sara Casero)
"...La obra fue larga pero me gustó ya que la forma de replantarla fue muy curiosa, con aquellos objetos , era raro pero divertido..." (Alejandro Ennes)
"...A la obra le sobraban algunas partes que podrían ser resumidas pero aparte de eso la obra era muy buena y el actor que la interpretaba lo hacía genial,
un poco pintoresco pero genial..." (Jorge González)
un poco pintoresco pero genial..." (Jorge González)
03/03/12
GRAZAS, FERNANDO MARÍAS!
Organizado polo Departamento de Lingua castelá e Literatura, onte contamos na Esperela coa visita do escritor, editor e guionista Fernando Marías. O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato lera dous dos seus libros: Zara y el librero de Bagdag e El silencio se mueve e tiña moito interese en coñecelo e en facerlle algunhas preguntas.
O autor falou con alumnado e profesorado da morte, da guerra, do medo e sobre todo do amor, que pode derrotar todo o anterior.
A visita resultou un éxito e todos quedamos con ganas
de probar a súa tortilla...
02/03/12
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Sofía Pérez, 2º ESO A
Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia; Lorenzo Silva
El libro me ha parecido, desde el principio, muy interesante y realista.
A un edificio de Getafe, donde vive Laura, la protagonista, llegan unos emigrantes polacos a los que los vecinos no reciben muy adecuadamente.
Laura se siente atraída por el vecino,llamado Andrés, con el que entabla una agradable relación y a partir de un día, quedan todos los Domingos para que Andrés le cuente la historia de por qué vinieron a España.
En Varsovia, de donde proceden los Polacos, hay un río, el Vístula. El padre de la familia polaca, era allí capitán de un barco. Él y un conjunto de marineros y mecánicos en el que está incluído Andrés, son secuetrados por unos Rusos.
Al final, y lo más bonito, Andrés y Laura se enamoran, pero Andrés por razones...bueno, eso, descubridlo vosotros en este libro espectacular y encantador sobre una niña que aprende a perder, gracias a una persona que ya lo había hecho antes.
01/03/12
ESTATUAS DE ESCRITORES
Moitas cidades do mundo homenaxean os seus escritores favoritos facéndolles unha estatua.
Coñecedes algunha máis?
29/02/12
AYA DE YOPOUGON NOS CINES
En xullo de 2012 estréase a adaptación cinematográfica do cómic Aya de Yopougon, que tanto éxito ten entre o noso alumnado.
As autoras, Marguerite Abouet e Clément Oubrerie, sitúannos nunha vila de Costa de Marfil, onde vive unha rapaza, Aya, coas súas dúas mellores amigas, Adjoua e Bintou. Todas teñen soños, problemas, todas namóranse, teñen as súas teimas e viven un ritmo de vida frenético. Como se estivéramos en calquera lugar de Europa.
Con Aya de Yopougon, Abouet quere cambiar a imaxe de África difundida en Occidente polos medios de comunicación: fame, guerras e miseria non é todo o que podemos encontrar neste continente. Aya recrea cun ton optimista e gran sentido do humor a vida de personaxes coma nós, os seus costumes, a súa gastronomía...
As autoras, Marguerite Abouet e Clément Oubrerie, sitúannos nunha vila de Costa de Marfil, onde vive unha rapaza, Aya, coas súas dúas mellores amigas, Adjoua e Bintou. Todas teñen soños, problemas, todas namóranse, teñen as súas teimas e viven un ritmo de vida frenético. Como se estivéramos en calquera lugar de Europa.
Con Aya de Yopougon, Abouet quere cambiar a imaxe de África difundida en Occidente polos medios de comunicación: fame, guerras e miseria non é todo o que podemos encontrar neste continente. Aya recrea cun ton optimista e gran sentido do humor a vida de personaxes coma nós, os seus costumes, a súa gastronomía...
Saber que se está a preparar unha versión cinematográfica é unha boa nova para todos os que disfrutamos coas aventuras destas rapazas africanas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












