06/05/14

FOTOLIBRO 2014, III EDICIÓN

Presentamos as fotos participantes no concurso e os premios outorgados nesta edición do concurso.


Grazas pola participación e parabéns as premiadas.

27/04/14

VIÑETAS SOBRE O LIBRO

Presentamos as viñetas que forman parte da exposición sobre o libro organizada para conmemorar o Día do Libro.



FOTOLIBRO:Lembrade votar polas fotos que mais vos gusten. Para facelo cubride a papeleta que está na mesa diante das fotos e introducídea na furna da biblioteca, despois de identificarvos.
Remata o prazo o martes 29 as 12:30 
Grazas

25/04/14

GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ

Dende a Biblioteca Rosalía Castro, IES Pazo da Mercé (As Neves), chéganos esta presentación como homenaxe a GABO, finado o pasado 17 de abril. Grazas.
Para lembrar a súa vida  e coñecer as súas obras podes dar un paseo virtual sobre esta imaxe de bolboretas amarelas que tanto significado tiñan para Gabo. E  non esquezas o relato "Viendo llover Galicia"

22/04/14

23 de ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR

“ Ler para soñar, soñar para vivir”. María Canosa
                      DÍA MUNDIAL DO LIBRO                     
ACTIVIDADES
  • Día 23 na hora de ler (2ª hora) lectura de textos do Quijote.
  • Día 23 no 2º recreo: Inauguración da Exposición: “DESCUBRE OS TESOUROS DA BIBLIOTECA”. Libros diferentes, espectaculares, formatos especiais,... Entrega de marca-páxinas conmemorativo aos asistentes.
  • Día 23, no recibidor do instituto:  “Dálles outra oportunidade”, libros de expurgo para levar, ler e compartir.
        • Día 24, no 2º recreo: Homenaxe a Gabriel García Márquez polo seu pasamento. Expoñemos as súas obras e  leremos textos das súas obras.
        • Exposición: “ O LIBRO EN VIÑETAS”
Lembrade que segue aberto o prazo para presentar as vosas obras ao concurso “FOTOLIBRO”

“El escritor escribe su libro para explicarse a sí mismo lo que no se puede explicar”. GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Participa e goza dos libros e a lectura

08/04/14

CONCURSO FOTOLIBRO: III EDICIÓN

Por terceiro ano convocamos o Concurso "Fotolibro", malia coincidir as vacacións de Semana Santa durante o proceso e prazos para presentar os vosos traballos, o correo da biblioteca estará aberto para recibir as vosas obras.

BASES DO CONCURSO FOTOLIBRO
III EDICIÓN




Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas  e non premiadas noutros certames  coa temática do libro e a lectura. 
Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (alumnado, profesorado, persoal do centro. pais e nais) O prazo de presentación ábrese o día 8 de abril e rematará o 26 de abril de 2014.

Cuarta. As fotografías, co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título da fotografía por fora.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.
 

Sexta. As obras serán avaliadas polos membros da comunidade educativa do IES O Mosteirón establecéndose o seguinte procedemento de votación popular:
  • Do 10 de abril ao 29 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
  • Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
  • A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
  • Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  30 de abril. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.

Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa por valor de 100 € a repartir entre as tres categorías a criterio da organización. 
 
Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.

Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.    

Animádevos a participar. As vacacións son un momento ideal para “xogar” coas fotos e ler. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais fotografías que na do ano pasado.

05/04/14

SEMANA DA PRENSA

O alumnado de 1º ESO estivo traballando coa prensa durante a semana do 17 ao 21 de marzo. Organizados en equipos tiñan que "editar" un xornal: cabeceira, seccións, noticias,..
Podedes velos traballando




A continuación os exemplares realizados 

 

Os exemplares orixinais á vosa disposición na biblioteca. Non deixedes de lelos.

21/03/14

RECITAL DE POESÍA


Como estaba previsto, no día de hoxe gozamos dun recital  para conmemorar o día mundial da poesía.
Interveñen algunhas das colaboradoras da biblioteca, sempre dispostas a participar e compartir.
Moitas grazas 


Dakota escolleu a Rosalía
Paula emocionounos con Neruda
Judhit con Neruda
Ana agasallounos cun poema propio

Ramón recitou a León Felipe
Sofía con Machado







20/03/14

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O venres 21 de marzo no segundo recreo RECITAL DE POESÍA NA BIBLIOTECA.
A poesía está en todas partes, so temos que abrir os ollos e o corazón para sentir a forza da palabra.

PARTICIPA

14/03/14

SEMANA DA POESÍA

Durante a semana do 17 ao 21 de marzo na hora de ler lemos poesía nas aulas.
O profesorado dispón dunha escolma de poemas para escoller, o alumnado tamén pode achegar os textos que desexe compartir.

Tamén podes navegar, ler e escoitar poemas e a poetas


Antología Poética Multimedia

http://antologiapoeticamultimedia.blogspot.com.es/

E todo isto por que o día 21 é o Día Mundial da poesía proclamado pola UNESCO

Gozamos da palabra, compartimos sentimentos





03/03/14

VI CERTAME AMOR?, AMOR! EN CEN PALABRAS

Reunido o xurado do Certame Amor?, Amor! en cen palabras, decide outorgar o primeiro premio na categoría 2º Ciclo da ESO o traballo presentado baixo o titulo: "O amor, unha palabra, miles de definicións". Asemade decide deixar deserto o premio na categoría do 1º Ciclo da ESO.
Parabéns a gañadora: Paula Pacheco Romay, 3º ESO.

O amor, unha palabra, miles de definicións
O amor, que é iso?
Que é en realidade?
Parece raro que nunha soa palabra caiban tantas cousas...
E é que, nin aínda que o intentemos, poderémolo definir de forma obxectiva, pois, quizais, para unha persoa sexa unha necesidade, para outra, unha farsa, para outras unha forma de vida...
Miles de formas de pensar, miles de definicións, todas correctas...
E digo eu, que seria de nós, se non houbese amor na terra?
Os seres humanos nacemos predispostos para amar, todos e cada un de nós...
Amamos dende que nacemos, ata que nos morremos, pasámonos amando, aínda que sexa sen darnos conta, toda a nosa vida.

25/02/14

QUÍMICA DIVERTIDA IV

Tiocianato de mercurio

A última animación incrible nesta lista de entradas de ciencia trata sobre a descomposición térmica do tiocianato de mercurio. Este composto químico utilízase habitualmente en laboratorios de análises ou de química fina.


E aínda que poderiamos pensar que se trata dun ser alienígena revolvéndose, o certo é que a resposta a este estraño fenómeno atópase en que cando arde crea unhas "estruturas parecidas a unha serpe". A reacción química que se produce é alucinante, aínda que hai que recordar a alta toxicidade que ten este composto ao manipulalo en calquera laboratorio.

Como vemos, a ciencia non só favorece o noso día a día, con complexos experimentos e proxectos de investigación, moitas veces difíciles de comprender. Tamén é unha forma de entender e saber máis a cerca do mundo que nos rodea, con incribles e asombrosos trucos, que moitas veces non acertamos a entender do todo.

19/02/14

"Amor de plastilina"




Queda pouco tempo para presentar o vosos microrelatos sobre o Amor. Mirade este traballo por si vos da algunha idea.



 Corto de San Valentín feito por alumnos do obradoiro de Plástica do IES AS BARXAS  de MOAÑA.

Moitas grazas

18/02/14

QÍIMICA DIVERTIDA III

A culler que se derrite
Outro dos GIFs de ciencia máis asombrosos é o seguinte, no que vemos unha culler metálica que, literalmente, se derrite nun vaso de auga. Incrible, verdade? Por que ocorre?
 
 Para entender o proceso, primeiro debemos analizar o material do que está feito a culler: galio. O galio é un elemento químico cuxo punto de fusión é de só 28,56ºC. Deste xeito, aínda que a culler en principio parece de aceiro, non o é, e esta peculiaridade fai que se "derrita" nun vaso de auga templada.

14/02/14

QUÍMICA DIVERTIDA II

A estraña polimerización
No segundo exemplo da nosa recopilación de ciencia, vemos a polimerización da p-nitroanilina. Este composto, tamén coñecido como 4-nitroanilina ou ata 1-amino-4-nitrobenceno, é un composto orgánico que responde á fórmula de C6H6N2Ou2.
Comúnmente é utilizado como intermediario na produción de colorantes, insecticidas ou fármacos, tratándose dun po de cor amarela brillante, con certo cheiro a amoníaco. Como nos recordan neste informe, é unha sustancia química perigosa, que se debe manipular con coidado.

Na animación, o que se observa é a polimerización deste composto químico, que se trata en certo xeito dunha reacción química bastante explosiva. Ocorre debido a que engadimos á cunca de cerámica con p-nitroanilina acedo sulfúrico concentrado.        

MAIS INFORMACIÓN

10/02/14

QÍIMICA DIVERTIDA I


A reacción da «espuma»
Unha das cousas máis divertidas que se poden facer nun laboratorio de ciencias é experimentar diferentes tipos de reaccións químicas, sempre coa suficiente supervisión e seguridade, para ver que ocorre. E vendo como funcionan, é máis sinxelo que podamos entender algunhas das partes máis complicadas da química.
Por exemplo, tratábase de mesturar peróxido de hidrógeno con yoduro potásico. Que fai que salga tanta espuma tras realizar a reacción? A explicación coméntannola en detalle nesta revista, na que nos explican que o peróxido de hidrógeno, máis coñecido como auga oxigenada, pode descompoñerse en auga (H20) e osíxeno molecular (Ou2).

O yoduro potásico acelera a descomposición do auga oxigenada, de forma que ocorre unha reacción exotérmica (é dicir, que libera calor), polo que parte do auga que se desprende atópase en forma de vapor.


Ademais, a coloración marrón que observamos débese, como se explica no artigo mencionado antes, a que "algúns aniones yoduro se oxidan a yodo molecular, que reacciona con aniones yoduro presentes para formar o anión triyoduro". Unha boa forma de entender algunhas reaccións químicas, sen dúbida.
MAIS INFORMACIÓN

06/02/14

VI CERTAME AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS

BASES DO VI CERTAME AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS

Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas  e non premiadas noutros certames  no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
 
Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 7 de febreiro de 2014 no primeiro recreo e remata o 21 de febreiro no segundo recreo.

Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra  no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro. 
Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para o 2º ciclo da ESO.

Sétima. O anuncio das obras gañadoras do certame farase o día 26 de febreiro. Terá lugar na Biblioteca A Esperela no segundo recreo. 
 
Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa.  
 
Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases. 
EDLG / Biblioteca A Esperela

IES O MOSTEIRÓN
Sada, 6 de febreiro de 2014
  Animádevos a participar

29/01/14

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Un ano mais chega o 30 de xaneiro para pensar na necesidade da paz entre os pobos e as persoas.
Presentamos unha selección de viñetas que teñen como tema común a pomba da paz, todo un símbolo.

Tamén vos propoñemos escoitar esta canción, un himno de paz composto por Paco Damas


Non vos esquezades de ver a exposición de viñetas no recibidor do instituto.
GRAZAS POR PACIFICAR

09/01/14

HORA DE LER. 2º TRIMESTRE

 Ano novo, lecturas novas
Continuamos coa lectura diaria:


HORA DE LER
HORARIO
SEMANA HORA
13 -17 XANEIRO 1ª
20- 24 XANEIRO 2ª
27- 31 XANEIRO 3ª
3- 7 FEBREIRO 4ª
10- 14 FEBREIRO 5ª
17- 21 FEBREIRO 6ª
24- 28 FEBREIRO 1ª
6 – 7 MARZO 2ª (ENTROIDO)
10- 14 MARZO 3ª (AVALIACIÓNS)?
17- 21 MARZO 4ª (Remata 2ª Avaliación)
24- 28 MARZO 5ª
31 MARZO- 4 ABRIL 6ª
 7- 11 ABRIL 1ª

19/12/13