O 23 de setembro de 1973 morría na súa casa de Santiago de Chile o escritor Pablo Neruda, considerado por moitos como o máis grande poeta do século XX.
23/09/15
21/09/15
16/06/14
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
Un ano mais presentamos a guía de lecturas para o verán. Unha selección con obras de sempre, de todos os xéneros e temáticas.
Lembra que podes levar ata 5 libros para ler nas vacacións...busca na biblioteca compañeiros de viaxe.
Felices vacacións e boas lecturas
21/05/14
Película "Os camiños esquencidos"
Continuando
co seu labor de difusión e homenaxe a Xosé María Díaz Castro, o IES de Guitiriz regálanos esta película de impecable realización. Os seus promotores dinnos dela:
"Os
recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen,
son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos
lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a
poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea
ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o
obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para
facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha
ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas".
"A
película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta
rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da
Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril
incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e
representacións de danza, coa intención de explorar novas
perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos
xóvenes estudantes de Guitiriz".
Grazas polo traballo e parabéns
15/05/14
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
Presentamos a continuación unha serie de recursos e enlaces para que coñezades a figura do poeta de Guitiriz:
Páxina da Real Academia Galega

Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar sete dos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.
Penélope:
pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro
mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga.
Realizada polo IES As Barxas de Moaña.
Xosé María Díaz Castro:
dende hai máis dunha década, os integrantes do Seminario Galán da Coruña centran boa parte do seu traballo na elaboración de materiais
relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada
ano, nesta ocasión, Xosé María Díaz Castro.
Na biblioteca podes ler as seguintes obras:
- Nimbos: viu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX.
- Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Armando Requeijo.
Para un achegamento á figura doautor.
Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da
poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da
mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou
inédita. Do estudo e edición desta obra
encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores.E para escoitar un pouco de música da man de Paco Nogueiras
Fuxan os Ventos ten musicado o poema de X. M. Díaz Castro "Penélope", con voz do propio poeta. Imprescindible
FELIZ E POÉTICO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
06/05/14
FOTOLIBRO 2014, III EDICIÓN
Presentamos as fotos participantes no concurso e os premios outorgados nesta edición do concurso.
Fotolibro 2014 from aesperela
Grazas pola participación e parabéns as premiadas.
27/04/14
VIÑETAS SOBRE O LIBRO
Presentamos as viñetas que forman parte da exposición sobre o libro organizada para conmemorar o Día do Libro.
FOTOLIBRO:Lembrade votar polas fotos que mais vos gusten. Para facelo cubride a papeleta que está na mesa diante das fotos e introducídea na furna da biblioteca, despois de identificarvos.
Remata o prazo o martes 29 as 12:30
Grazas
25/04/14
GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Dende a Biblioteca Rosalía Castro, IES Pazo da Mercé (As Neves), chéganos esta presentación como homenaxe a GABO, finado o pasado 17 de abril. Grazas.
Para lembrar a súa vida e coñecer as
súas obras podes dar un paseo virtual sobre esta imaxe de bolboretas
amarelas que tanto significado tiñan para Gabo. E non esquezas o relato "Viendo llover Galicia"
22/04/14
23 de ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR
“ Ler para soñar, soñar para vivir”. María Canosa
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
ACTIVIDADES
- Día 23 na hora de ler (2ª hora) lectura de textos do Quijote.
- Día 23 no 2º recreo: Inauguración da Exposición: “DESCUBRE OS TESOUROS DA BIBLIOTECA”. Libros diferentes, espectaculares, formatos especiais,... Entrega de marca-páxinas conmemorativo aos asistentes.
- Día 23, no recibidor do instituto: “Dálles outra oportunidade”, libros de expurgo para levar, ler e compartir.
- Día 24, no 2º recreo: Homenaxe a Gabriel García Márquez polo seu pasamento. Expoñemos as súas obras e leremos textos das súas obras.
- Exposición: “ O LIBRO EN VIÑETAS”
Lembrade que segue aberto o prazo para presentar as vosas obras ao concurso “FOTOLIBRO”
“El escritor escribe su libro para explicarse a sí mismo lo que no se puede explicar”. GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
“El escritor escribe su libro para explicarse a sí mismo lo que no se puede explicar”. GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Participa e goza dos libros e a lectura
08/04/14
CONCURSO FOTOLIBRO: III EDICIÓN
Por terceiro ano convocamos o Concurso "Fotolibro", malia coincidir as
vacacións de Semana Santa durante o proceso e prazos para presentar os
vosos traballos, o correo da biblioteca estará aberto para recibir as
vosas obras.
BASES
DO CONCURSO FOTOLIBRO
III
EDICIÓN
Primeira.
Os
participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas e
non premiadas noutros certames coa temática do libro e a
lectura.
Segunda.
As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada
un participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..
Terceira.
Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O
Mosteirón (alumnado, profesorado, persoal do centro. pais e nais)
O prazo de
presentación ábrese o día 8 de abril e rematará o 26 de abril de
2014.
Cuarta.
As
fotografías, co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo
electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou
entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título da
fotografía por fora.
Quinta. Os
traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en
lugares visibles e accesibles do centro.
- Do 10 de abril ao 29 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
- Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
- A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
- Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Sétima.
O anuncio
das fotos gañadoras do concurso farase o día 30 de
abril. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.
Oitava.
Os
gañadores recibirán un premio sorpresa por valor de 100 €
a repartir entre as tres categorías a criterio da organización.
Novena.
A
biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no
concurso.
Décima.
A
participación no certame implica a aceptación destas bases.
Animádevos a
participar. As vacacións son un momento ideal para “xogar” coas
fotos e ler. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais
fotografías que na do ano pasado.
05/04/14
SEMANA DA PRENSA
O alumnado de 1º ESO estivo traballando coa prensa durante a semana do 17 ao 21 de marzo. Organizados en equipos tiñan que "editar" un xornal: cabeceira, seccións, noticias,..
Podedes velos traballando
Podedes velos traballando
A continuación os exemplares realizados
Os exemplares orixinais á vosa disposición na biblioteca. Non deixedes de lelos.
21/03/14
RECITAL DE POESÍA
Como estaba previsto, no día de hoxe gozamos dun recital para conmemorar o día mundial da poesía.
Interveñen algunhas das colaboradoras da biblioteca, sempre dispostas a participar e compartir.
Moitas grazas
| Paula emocionounos con Neruda |
| Judhit con Neruda |
| Ana agasallounos cun poema propio |
| Ramón recitou a León Felipe |
| Sofía con Machado |
20/03/14
14/03/14
SEMANA DA POESÍA
Durante a semana do 17 ao 21 de marzo na hora de ler lemos poesía nas aulas.
O profesorado dispón dunha escolma de poemas para escoller, o alumnado tamén pode achegar os textos que desexe compartir.
Tamén podes navegar, ler e escoitar poemas e a poetas
O profesorado dispón dunha escolma de poemas para escoller, o alumnado tamén pode achegar os textos que desexe compartir.
Tamén podes navegar, ler e escoitar poemas e a poetas
Antología Poética Multimedia
E todo isto por que o día 21 é o Día Mundial da poesía proclamado pola UNESCO
Gozamos da palabra, compartimos sentimentos
03/03/14
VI CERTAME AMOR?, AMOR! EN CEN PALABRAS
Reunido o xurado do Certame Amor?, Amor! en cen palabras, decide outorgar o primeiro premio na categoría 2º Ciclo da ESO o traballo presentado baixo o titulo: "O amor, unha palabra, miles de definicións". Asemade decide deixar deserto o premio na categoría do 1º Ciclo da ESO.
Parabéns a gañadora: Paula Pacheco Romay, 3º ESO.
O amor, unha palabra, miles de definicións
O amor, que é iso?
Que é en realidade?
Parece raro que nunha soa palabra caiban tantas cousas...
E é que, nin aínda que o intentemos, poderémolo definir de forma obxectiva, pois, quizais, para unha persoa sexa unha necesidade, para outra, unha farsa, para outras unha forma de vida...
Miles de formas de pensar, miles de definicións, todas correctas...
E digo eu, que seria de nós, se non houbese amor na terra?
Os seres humanos nacemos predispostos para amar, todos e cada un de nós...
Amamos dende que nacemos, ata que nos morremos, pasámonos amando, aínda que sexa sen darnos conta, toda a nosa vida.
25/02/14
QUÍMICA DIVERTIDA IV
Tiocianato de mercurio
A última animación incrible nesta lista de entradas de ciencia trata sobre a descomposición térmica do tiocianato de mercurio.
Este composto químico utilízase habitualmente en laboratorios de
análises ou de química fina.
E aínda que poderiamos pensar que se trata dun ser alienígena
revolvéndose, o certo é que a resposta a este estraño fenómeno atópase
en que cando arde crea unhas "estruturas parecidas a unha serpe". A
reacción química que se produce é alucinante, aínda que hai que recordar
a alta toxicidade que ten este composto ao manipulalo en calquera
laboratorio.
Como vemos, a ciencia non só favorece o noso día a día, con complexos experimentos e proxectos de investigación, moitas veces difíciles de comprender. Tamén é unha forma de entender e saber máis a cerca do mundo que nos rodea, con incribles e asombrosos trucos, que moitas veces non acertamos a entender do todo.
Como vemos, a ciencia non só favorece o noso día a día, con complexos experimentos e proxectos de investigación, moitas veces difíciles de comprender. Tamén é unha forma de entender e saber máis a cerca do mundo que nos rodea, con incribles e asombrosos trucos, que moitas veces non acertamos a entender do todo.
19/02/14
"Amor de plastilina"
Queda pouco tempo para presentar o vosos microrelatos sobre o Amor. Mirade este traballo por si vos da algunha idea.
Corto de San Valentín feito por alumnos do obradoiro de Plástica do IES AS BARXAS de MOAÑA.
Moitas grazas
18/02/14
QÍIMICA DIVERTIDA III
A culler que se derrite
Outro dos GIFs de ciencia máis asombrosos é o seguinte, no que vemos
unha culler metálica que, literalmente, se derrite nun vaso de auga.
Incrible, verdade? Por que ocorre?
Para entender o proceso, primeiro debemos analizar o material do que
está feito a culler: galio. O galio é un
elemento químico cuxo punto de fusión é de só 28,56ºC. Deste xeito,
aínda que a culler en principio parece de aceiro, non o é, e esta
peculiaridade fai que se "derrita" nun vaso de auga templada.
14/02/14
QUÍMICA DIVERTIDA II
A estraña polimerización
No segundo exemplo da nosa recopilación de ciencia, vemos a
polimerización da p-nitroanilina. Este composto, tamén coñecido como
4-nitroanilina ou ata 1-amino-4-nitrobenceno, é un composto orgánico que
responde á fórmula de C6H6N2Ou2.
Comúnmente é utilizado como intermediario na produción de colorantes,
insecticidas ou fármacos, tratándose dun po de cor amarela brillante,
con certo cheiro a amoníaco. Como nos recordan neste informe, é unha
sustancia química perigosa, que se debe manipular con coidado.
Na animación, o que se observa é a polimerización deste composto químico, que se trata en certo xeito dunha reacción química bastante explosiva. Ocorre debido a que engadimos á cunca de cerámica con p-nitroanilina acedo sulfúrico concentrado.
MAIS INFORMACIÓN
Na animación, o que se observa é a polimerización deste composto químico, que se trata en certo xeito dunha reacción química bastante explosiva. Ocorre debido a que engadimos á cunca de cerámica con p-nitroanilina acedo sulfúrico concentrado.
MAIS INFORMACIÓN
10/02/14
QÍIMICA DIVERTIDA I
A reacción da «espuma»
Unha das cousas máis divertidas que se poden facer nun laboratorio de
ciencias é experimentar diferentes tipos de reaccións químicas, sempre
coa suficiente supervisión e seguridade, para ver que ocorre. E vendo
como funcionan, é máis sinxelo que podamos entender algunhas das partes
máis complicadas da química.
Por exemplo, tratábase de mesturar peróxido de hidrógeno con yoduro potásico. Que
fai que salga tanta espuma tras realizar a reacción? A explicación
coméntannola en detalle nesta revista, na que nos explican que o
peróxido de hidrógeno, máis coñecido como auga oxigenada, pode
descompoñerse en auga (H20) e osíxeno molecular (Ou2).
O yoduro potásico acelera a descomposición do auga oxigenada, de forma que ocorre unha reacción exotérmica (é dicir, que libera calor), polo que parte do auga que se desprende atópase en forma de vapor.
Ademais, a coloración marrón que observamos débese, como se explica no artigo mencionado antes, a que "algúns aniones yoduro se oxidan a yodo molecular, que reacciona con aniones yoduro presentes para formar o anión triyoduro". Unha boa forma de entender algunhas reaccións químicas, sen dúbida.
MAIS INFORMACIÓN
O yoduro potásico acelera a descomposición do auga oxigenada, de forma que ocorre unha reacción exotérmica (é dicir, que libera calor), polo que parte do auga que se desprende atópase en forma de vapor.
Ademais, a coloración marrón que observamos débese, como se explica no artigo mencionado antes, a que "algúns aniones yoduro se oxidan a yodo molecular, que reacciona con aniones yoduro presentes para formar o anión triyoduro". Unha boa forma de entender algunhas reaccións químicas, sen dúbida.
MAIS INFORMACIÓN
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















