04/12/15
27/11/15
XOSÉ NEIRA VILAS
"Galicia é a nai e é a patria. O meu principio
e o meu fin. A miña razón de vivir.
A nosa lingua é o meu orgullo".
O escritor Xosé Neira Vilas finou a pasada noite na súa casa de Gres, en Vila de Cruces. O narrador, ensaísta, xornalista e poeta tiña 87 anos e seguía en activo. A súa obra máis coñecida, Memorias dun neno labrego, leva vendidos uns 600.000 exemplares e vai pola súa 35 edición. O seu comezo pasará á historia: "Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".
Que a terra lle sexa leve
25/11/15
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
814 mulleres asasinadas nos últimos doce anos. 48 mulleres asasinadas no que vai de 2015. 4000 chamadas cada mes ao 016, o teléfono de atención ás vítimas. 26 menores asasinad@s. 42 nen@s orf@s. 126742 denuncias en 2014.
24/11/15
JUAN GENOVÉS NO MAC
"Multitudes" é a exposición de 70 obras do artista Juan Genovés (Valencia, 1930) que estará hasta xaneiro no MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa). As obras xiran en torno a temática que da título á mostra e enmárcanse na liña no realismo social, cun estilo expresionista e provocador.
20/11/15
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
O Día Internacional da Infancia, que se celebra o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar as persoas da importacia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
13/11/15
04/11/15
PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS
Carme Riera (escritora en catalán e castelán, profesora, guionista e membro da RAE) foi galardoada este martes co Premio Nacional das Letras Españolas convocado polo Ministerio de Cultura.
24/10/15
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2015
O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como recoñecemento ao labor d@s bibliotecari@s.
23/10/15
EMILIO LLEDÓ
O filósofo español Emilio Lledó (Sevilla, 1927) recolleu hoxe o Premio Princesa de Asturias das Humanidades, terceiro premio dun ano no que tamén acadou o Premio Nacional das Letras Españolas e o Antonio Sancha dos Editores.
O filósofo, formado en Alemaña, foi profesor nas universidades de Heidelberg, La Laguna, Barcelona e Madrid e na actualidade é membro da Real Academia Española, onde ocupa o sillón ele minúscula.
21/10/15
O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ
O 21 de outubro de 2015 xa está aquí. Ese é o día no que Marty McFly (interpretado por Michael J. Fox) aterrou no futuro, que agora é o presente, en "Regreso ao futuro II" (1989). É unha das tres películas que filmou o director de cine Robert Zemeckis e todo un clásico para as xeracións que creceron nos anos 80 e 90.
11/10/15
DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS
O Día Internacional da Nena celébrase o 11 de outubro co obxectivo de crear conciencia sobre a situación das nenas en todo o mundo.
08/10/15
SVETLANA ALEXIÉVICH
A escritora bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015. Escritora e xornalista, retratou en lingua rusa a realidade e o drama de grande parte da poboación da antiga URSS, así como os sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflitos do presente. É moi crítica tamén co goberno do seu país.
05/10/15
DÍA MUNDIAL DO DOCENTE
Albert Camus gañou o Premio Nobel de Literatura en 1957 e pensou que, se tiña que dar grazas a alguén, era ao señor Germain, o seu mestre de Primaria. Escribiulle esta carta.
A Unesco proclamou o 5 de outubro
29/09/15
LUIS ALBERTO DE CUENCA
O poeta Luis Alberto de Cuenca foi galardoado onte co Premio Nacional de Poesía pola obra Cuaderno de vacaciones, un premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
23/09/15
PABLO NERUDA
O 23 de setembro de 1973 morría na súa casa de Santiago de Chile o escritor Pablo Neruda, considerado por moitos como o máis grande poeta do século XX.
21/09/15
16/06/14
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
Un ano mais presentamos a guía de lecturas para o verán. Unha selección con obras de sempre, de todos os xéneros e temáticas.
Lembra que podes levar ata 5 libros para ler nas vacacións...busca na biblioteca compañeiros de viaxe.
Felices vacacións e boas lecturas
21/05/14
Película "Os camiños esquencidos"
Continuando
co seu labor de difusión e homenaxe a Xosé María Díaz Castro, o IES de Guitiriz regálanos esta película de impecable realización. Os seus promotores dinnos dela:
"Os
recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen,
son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos
lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a
poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea
ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o
obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para
facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha
ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas".
"A
película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta
rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da
Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril
incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e
representacións de danza, coa intención de explorar novas
perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos
xóvenes estudantes de Guitiriz".
Grazas polo traballo e parabéns
15/05/14
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
Presentamos a continuación unha serie de recursos e enlaces para que coñezades a figura do poeta de Guitiriz:
Páxina da Real Academia Galega

Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar sete dos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.
Penélope:
pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro
mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga.
Realizada polo IES As Barxas de Moaña.
Xosé María Díaz Castro:
dende hai máis dunha década, os integrantes do Seminario Galán da Coruña centran boa parte do seu traballo na elaboración de materiais
relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada
ano, nesta ocasión, Xosé María Díaz Castro.
Na biblioteca podes ler as seguintes obras:
- Nimbos: viu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX.
- Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Armando Requeijo.
Para un achegamento á figura doautor.
Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da
poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da
mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou
inédita. Do estudo e edición desta obra
encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores.E para escoitar un pouco de música da man de Paco Nogueiras
Fuxan os Ventos ten musicado o poema de X. M. Díaz Castro "Penélope", con voz do propio poeta. Imprescindible
FELIZ E POÉTICO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
06/05/14
FOTOLIBRO 2014, III EDICIÓN
Presentamos as fotos participantes no concurso e os premios outorgados nesta edición do concurso.
Fotolibro 2014 from aesperela
Grazas pola participación e parabéns as premiadas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















