19/02/19

PREMIO DO CONCURSO DE MICRORRELATOS



Samoa Pan, de 2º ESO B levou hoxe o premio do concurso de micorrelatos "Amor? Amor! en 100 palabras", que organiza A Esperela, cun relato titulado "Aviones de papel"



Parabéns, Samoa!!

18/02/19

ORIENTACIÓN PROFESIONAL


Hoxe viñeron á Esperela Serafín e Sabela, dous talentosos ex alumnos do noso insti que falaron co alumnado de 4º ESO da súa traxectoria persoal e profesional e compartiron as súas lembranzas e arelas.
GRAZAS, RAPACES, É UNHA MARABILLA CONTAR CON VÓS!!

15/02/19

12/02/19

ANDREA MACEIRAS NA ESPERELA



Grazas ao Departamento de Lingua Galega, hoxe tivemos na Esperela á escritora Andrea Maceiras, que veu presentar o seu libro, O que sei do silencio, e falou  co alumnado de 3º do seu tema: o acoso escolar.


Grazas, Andrea!!

10/02/19

CLARA CAMPOAMOR



O 12 de febreiro de 1888 nacía Clara Campoamor. O 1 de outubro de 1931, as mulleres acadaban o dereito ao voto en España por 161 votos fronte a 131. A deputada Campoamor defendeuno así fronte a Victoria Kent.

07/02/19

AUGUSTO MONTERROSO

Cando hai dezaseis anos do seu pasamento, lembramos o escritor hondureño Augusto Monterroso, coñecido polos seus relatos breves e pola súa provocadora visión do mundo.

06/02/19

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO CEIP O MOSTEIRÓN


Hoxe os grupos de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón viñeron coñecer o noso insti, que será o seu o vindeiro curso. Alumnado voluntario de 1º e 4º foi o encargado de ensinarlles o Centro e aclarar as súas dúbidas. Rematamos a visita cunha merendola e un agasallo!
Grazas a María e Oti por vir con eles!

05/02/19

O BESTIARIO CIENTÍFICO DE ANXOS NOGUEIROSA


Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do sanatorio marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao seu destino estival, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: Liber bestiarium scientificus. Cando Suso decide mergullarse nas súas páxinas, lonxe está de saber que ese intre marcará un verán cheo de aventuras na compaña de Tila, unha rapaza das colonias coa que acabará forxando unha bonita amizade.

01/02/19

OUTRA DE ATRAPASOÑOS NO DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA


Hoxe, aproveitando que é o Día da Lectura en Voz Alta, os Atrapasoños maiores lemos dous relatos curtos do escritor polaco Slawomir Mrozek pertencentes ao seu libro A vida difícil.

Máis información no blog dos Atrapasoños!

31/01/19

130 ANOS DE NATIONAL GEOGRAPHIC


Hai 130 anos publícase o primeiro exemplar da revista "National Geographic", unha publicación mensual que recolle artigos sobre diversos lugares do planeta e a súa historia. Ademais, a revista é recoñecida pola súa calidade de edición e fotografía e nela participan os mellores xornalistas do mundo.
Na Esperela tedes unha exposición con exemplares en lingua inglesa. Non a perdades!!

28/01/19

ORIENTACIÓN PROFESIONAL


Hoxe na Esperela tivemos unha nova Xornada de Orientación Profesional con Sabela Rodríguez  e Quique Lagares. Estes ex alumnos falaron coa rapazada de 4º da súa traxectoria e experiencia persoal e profesional. Escoitalos resultou moi estimulante para tod@s. Parece que foi onte cando andaban revolvendo polo instituto e agora aquí están, dous profesionais. Menudo orgullo temos!!
 
GRAZAS, QUERIDIÑOS, POR VOLTAR Á VOSA CASA!

25/01/19

ATRAPASOÑOS NA ESPERELA


Na sesión de hoxe dos Atrapasoños lemos un relato titulado "A mancha de humidade", da escritora uruguaia de orixe galega Juana de Ibarbouru.
Con este conto reflexionamos sobre os apegos e os soños perdidos.
Tedes máis información no blog dos Atrapasoños!