07/05/19

STRANGER THINGS


Para os fans de Stranger Things temos na Esperela a guía oficial da serie, Mundos del revés, con material inédito e exclusivo para entender e descubrir os seus  segredos mediante mapas e entrevistas cos actores.

03/05/19

NOVIDADES NA ESPERELA!



Xa están á vosa disposición os libros que mercou en "Moito conto" o alumnado de 3º ESO. Menudo éxito!!

26/04/19

UNHA NOVA DE ATRAPASOÑOS!


Na sesión de hoxe, os Atrapasoños lemos un relato de intriga de Roald Dahl, Cordeiro asado.
Xa sabedes que na Esperela temos moitos libros deste autor, cal é o voso favorito?



Máis información no blog dos Atrapasoños!

25/04/19

TEMOS "MOITO CONTO"!!!

Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!


Grazas, un ano máis, por recibirnos e informarnos tan ben!




15/04/19

PREMIO DA CRÍTICA EN NARRATIVA



Antón Lopo obtivo a distinción pola novela Extraordinario, na que aborda as relacións interpersoais e a liberdade individual.

12/04/19

IMOS AO TEATRO!

Hoxe, o alumnado de 3º ESO desfrutou dunha sesión de contos de medo e misterio da man de Raquel Queizás no Fórum Metropolitano.


08/04/19

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Para conmemorar o Día Mundial da Saúde, hoxe no almorzo do insti tomamos brochetas de froitas!!


Temos tamén un expositor para amosar a cantidade de azucre dalgúns alimentos.

06/04/19

PREMIO DA CRÍTICA EN POESÍA

Con Tempo fósilPilar Pallarés (Culleredo, 1957), unha das poetas máis influentes de entre as promocións da década dos 80, adentrábase na memoria familiar e abrogaba as derregas entre o íntimo e o colectivo. A destrución da casa e a compaixón por todos os seres vivos, as cicatrices do eu e a rabia de raíz política comparecen nun volume que, para o xurado, amosa “unha escrita medida e esixente”.
Vía: Sermosgaliza.com

05/04/19

ATRAPASOÑOS NO TREN!

O alumnado de 3º ESO marcha a Madrid, pero non perde a súa sesión de Atrapasoños e fai no tren esta lectura tan axeitada de Rafael Dieste: "O vello que quería ver o tren".


Tedes máis información no blog dos Atrapasoños!!

03/04/19

APADRIÑAMENTO LECTOR



Hoxe aproveitamos para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil cunha nova visita ao CEIP O Mosteirón, nesta ocasión para visitar o alumnado máis pequeniño do centro.
A experiencia, coma sempre, inesquecible! Grazas á titora por permitirnos desfrutar compartindo.

01/04/19

DÍA DAS ARTES GALEGAS

ORIENTACIÓN PROFESIONAL NA ESPERELA


Que satisfacción tan grande é recibir na Esperela os antigos alumnos! Hoxe tivemos a Clara e Javi, que falaron co noso alumnado de 4º da súa traxectoria persoal e profesional. Que interesante todo!! 


Mil grazas, queridos, por volver á vosa casa!!!!