14/09/11

AS BIBLIOTECAS GALEGAS DESPIDEN A Mª DOLORES



Comezamos o curso con tristeza.

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.
Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.
Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares

posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig 
 

30/06/11

FACENDO BALANCE. CURSO 2010/2011

Chegado o final do curso queremos compartir un resumo do que foi a actividade desenvolvida na nosa biblioteca. Presentamos algúns datos e fotos de actividades que no seu día non subimos o blog.
  • Libros e DVD emprestados na biblioteca: 533
  • Libros incorporados nas cestas das aulas: 875
  • Libros recollidos das cestas durante a Hora de ler: 1.564
  • Participantes nas actividades realizadas durante o ano: 1.294 (Profesorado e alumnado)
Repasamos algunhas das actividades:









Moitas grazas pola colaboración recibida do alumnado e profesorado. Lembrade de disfrutar nas vacións, tamén lendo.





20/06/11

QUE NERVIOS, QUE NERVIOS...



O venres 17  visitounos José Luís Cuerda, andan buscando rapaces e rapazas para formar parte dunha película baseada na novela Todo é silencio de Manolo Rivas. 


Convocaron o casting e participaron preto de 40 alumnos e alumnas; o final fíxolle a proba diante da cámara a uns 15. Toca esperar resultados. Con un pouco de sorte chaman a algún dos candidatos/as.

Falando co director comentou que o final que mais lle gustaba é cando un vello, nunha película de Orson Welles, di: " Cantas cousas temos visto". (Sentimos non lembrar o titulo). Tamén comentou que por riba da imaxen sempre está a palabra, mais fermosa e evocadora.