01/11/13

"LE SEN MEDO"

Asi foi o Samaín na biblioteca
SAMAÍN 13 on PhotoPeach


Grazas aos participantes e  alumnado axudante pola colaboración.
Recordade que hay moitas historias esperendo ser lidas: 
 "Le sen Medo" 

31/10/13

CONCURSO XEROGLÍFICOS III

Solucións dos últimos xeroglíficos publicados:
Nº 5: CAMBRE, CAM (-A) B  RE
 
Nº 6: OLEIROS, O LE-IRO (O RI Ó REVÉS)-S
 
Concursantes con maior nº de acertos:
- Pula Pacheco: 4 acertos
- Yulisa Pérez: 4 acertos
- Juan D. Nogueira: 4 acertos. 
Ao producirse empate entre estes tres concursantes, teñen que acudir á fase de desempate a celebrar o martes 5 de novembro durante o 2º recreo na biblioteca.
Felicitacións polos resultados e sorte.
Animade aos vosos compañeiros na solución do novo reto que lles espera.

29/10/13

SAMAÍN

O mércores 30 de outubro, durante os recreos, leremos contos de medo. Ven a pasalo de medo á biblioteca.
Para saber un pouco máis sobre algúns personaxes das historias de medo na cultura popular galega podedes ver este traballo realizado polo EDLG do IES de Rodeira (Cangas) GRAZAS


Non te vaias de ponte sen levar algunha lectura das recomendadas. Mira a exposición que preparamos e escolle.

Xabier P. Docampo: Cando petan na porta pola noite.
Agustín Fernández Paz: Aire negro
M. Lourenzo González: Irmán do vento 
Xosé Miranda: Pel de lobo,
Agustín Agra: Trampa de luz
francisco Hinojosa: Una semana en Lugano.
Xosé Miranda: Arrepios e outros medos.
Carlos Ruiz Zafón: Marina
César Mallorquí: La caligrafía secreta.
Anxel Fole: Contos de lobos e outros relatos.
Vicente Muñoz Puelles: Cuentos españoles de terror.
Edgar Allan Poe: Cuentos
Marcos Calveiro: El Samurái del Rey.
H. P. Lovencraft: Relatos de terror
E moitos mais 

28/10/13

CONCURSO XEROGLÍFICOS II

Solucións aos dous xeroglíficos anteriores:
Nº 3: BERGONDO: BER- GOND [D (500) NO G, Ó REVÉS]- O

Nº 4: A CORUÑA: A COR U -ÑA

Agora imos cos dous últimos, tes de prazo para responder ata o mércores 30:
Nº 5:
Nº 6:
Por si necesitas axuda: CONSULTA AS NORMAS PARA RESOLVELOS    PARTICIPA  
Traballo editado por: Emilio R. Galiñanes. Galicia en Xeroglíficos. Ed. Sotelo Branco

24/10/13

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

IASL: International Association of School Librarianship ven organizando dende fai anos o mes das biblotecas escolares.
Asesoría de bibliotecas escolares apoia esta iniciativa internacional cunha chamada á realización de actividades que sirvan para facer visible a biblioteca nos centros. O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.
A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.  


Algunha vez pensastes no que ocorre na biblioteca cando os libros quedan sos?



Recorda  pedir o teu agasallo cando vaias á biblioteca 
Parabéns A Esperela

23/10/13

CONCURSO XEROGLÍFICOS I

Solucións aos dous primeiros xegoglíficos:
Nº1: SADA (NADA con S por N)
Nº2: BETANZOS: B-ETA (ZETA menos Z)-NZOS (NÓS con Z intercalado)
Agora atrévete cos dous seguintes, tes de prazo para responder ata o luns 28.
Nº 3
Nº 4
 
Por si necesitas axuda: CONSULTA AS NORMAS PARA RESOLVELOS    PARTICIPA  
Traballo editado por: Emilio R. Galiñanes. Galicia en Xeroglíficos. Ed. Sotelo Branco

21/10/13

CONCURSO DE XEROGLÍFICOS

 COÑECES AS VILAS E CONCELLOS DAS MARIÑAS?
Iniciamos esta semana un concurso de xeroglíficos, todos eles teñen en común ser nomes de vilas e cidades das "Mariñas".
Descobre os seus nomes e cobre a túa resposta na folla de participación que tes a tua disposición na biblioteca (LEMBRA O Nº DO XEROGLÍFICO)
Tes de prazo ata o mércores 23 de outubro, ese día publicaremos as respostas dos dous primeiros xeroglíficos.
Volveremos a publicar dous novos para que presentedes as vosas solucións ata o luns 28, día no que volveremos publicar outros dous.
Poden participar todos os membros da comunidade escolar. Proclamárase gañador o participante que logre maior número de respostas acertadas.

En caso de empate convocárase aos interesados para unha rolda de desempate.  
Aqui tes os dous primeiros:
Nº 1
Nº 2










Por si necesitas axuda: CONSULTA AS NORMAS PARA RESOLVELOS    PARTICIPA
Traballo editado por: Emilio R. Galiñanes. Galicia en Xeroglíficos. Ed. Sotelo Branco  

15/10/13

CÉSAR MALLORQUÍ: PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL




César Mallorquí: " A recompensa non son os premios, senón os lectores"

"Aos meus lectores afortunadamente gústalles o que escribo. Paréceme unha marabilla que calquera rapaz lea, e máis si axudeille eu a gozar", engadiu o autor de "A Illa de Bowen", título da obra galardonada. (Vía Europapress)

Podes ler o seu blog: "La fraternidad de Babel"


Na Esperela podes atopar estas  obras do autor:
- Las lágrimas de Shiva. Mira esta opinión dunha exalumna
- La Fraternidad de Eihwaz
- La caligrafía secreta 
- Moi pronto  A Illa de Bowen
Felicitamos ao autor e esperamos seguir gozando das súas obras. Animarvos a lelas.

11/10/13

MALALA: UN EXEMPLO PARA TODOS NÓS


O Parlamento Europeo outorgou o premio Sájarov á liberdade de conciencia a Malala Yousafzai, a nena paquistaní que recibiu un disparo por parte dos talibanes pola súa defensa do dereito á educación no seu país.
Malala empezou a ser coñecida no mundo anglosaxón polo seu blog, no que defendía o dereito das nenas a recibir educación. En outubro de 2012 empezouse a facer globalmente famosa mentres os médicos intentaban salvar a súa vida. A súa é unha existencia curta, aínda, pero chea de duras emocións.
A concesión do premio coincide co  Día Internacional da Nena 2013, que se celebra hoxe 11 de outubro, unha data para a que a ONU escolleu o  lema  'Innovar para a educación das nenas'.
 

08/10/13

PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Manuel Álvarez Torneiro, primeiro autor en galego en recibir o Premio Nacional de Poesía pola obra "Os Ángulos da Brasa" na que o autor reflexiona sobre a cotidianeidade, as emocións  íntimas e os pensamentos existenciais, xogando coa dimensión simbólica da palabra.
O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. 
Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932, desenvolveu a súa carreira como xornalista e, aínda que foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 50 na Coruña, iniciouse tardiamente na publicación de poesía co seu debut en 1982 con "Memoria dun Silencio".
Parabéns ao autor, moi pronto a obra premiada á vosa disposición na biblioteca.

02/10/13

DÍA INTERNACIONAL DA NONVIOLENCIA




Con motivo da conmemoración, hoxe Mércores 2 de Outubro, do DÍA INTERNACIONAL DA NONVIOLENCIA, proclamado por Nacións Unidas  no aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, queremos compartir con vós un poema

 
   A ILLA EN REBELIÓN


   Soño

   cun mundo no que o ser humano

   xa non desprece ao ser humano

   onde reine o amor na terra

   onde adorne a paz os camiños.

   Soño cun mundo no que todos

   se deixen ir polas sendas doces da liberdade,

   onde a cobiza non ensombreza os nosos días.

   Soño cun mundo no que brancos e negros

   sexa cal sexa a vosa raza,

   compartan os dons da terra,

   onde todo ser humano sexa libre,

   onde a miseria vergoñenta agachará a cabeza,

   e a ledicia como unha perola preciosa,

   colmará os anhelos da humanidade.

   Velaquí o mundo co que soño.

01/10/13

SAMAÍN NA ESPERELA

Asi foi a sesión de lecturas de medo. 
SAMAÍN 13 on PhotoPeach


Recordade que temos unha exposición de libros sobre medo e terror á vosa dispoción: "le sen medo"

27/09/13

HORA DE LER: CURSO 13/14

 
Un ano mais, e xa van 5, iniciamos a actividade de lectura. Aquí tendes o calendario e unhas breves indicacións para gozar xuntos da lectura.

SEMANA
HORA
30 SEP- 5 OUTUBRO

7- 11 OUT

14- 18 OUT

21- 26 OUT

28- 30 OUT

4- 8 NOVEMBRO

11- 15 NOVEMBRO

18- 22 NOV

25- 29 NOV

2- 5 DECEMBRO

9- 13 DECEMBRO
(AVALIACIÓNS)?
16- 20 DECEMBRO


TEMPO ADICADO: (15 MIN DIARIOS)
  • Nas gardas de aula, a criterio do profesor/a de garda.
  • Outros momentos que se poidan decidir entre profesorado e alumnado.
CURSOS CON DESDOBRES, OPTATIVAS,..
Os libros estarán ao seu dispor na aula de referencia. Cando corresponda a hora de ler con materias diferentes (Optativas), o alumnado levará con el o seu libro de lectura.

No caso de 3º e 4º PDC, dado que a maior parte das materias as imparten na súa propia aula, disporán dunha cesta específica e realizarán a actividade na súa aula ou co resto do grupo segundo corresponda. (Se é preciso levan o libro nos seus desprazamentos)

Cando coincide con EDF, Música, EPV, Desdobres, Conversación de Inglés, laboratorio,....materias que se imparten na súa propia aula, é decisión de cada profesor/a facer a lectura na aula do grupo ou na aula correspondente, para o que o alumnado leva consigo o libro. (No caso das linguas, o profesorado tamén pode aproveitar para ler en voz alta unha obra na lingua correspondente)
GRAZAS E FELIZ LECTURA 

17/09/13

NOVO CURSO NA ESPERELA

 
Benvidos/as a un novo curso cargado de lecturas e sorpresas que ao longo do curso iremos presentando.
Temos que esperar uns días para usar a biblioteca.

Á vosa disposición a partir do 30 de setembro. Nesa semana tamén comezaremos a actividade: 
Hora de ler.
 
Grazas por saber esperar e gozar da lectura.