16/11/10

Tamara escribe sobre Miguel

Tamara Gestal (1º Bach) quere compartir con nos un texto sobre Miguel Hernández. Moitas grazas pola tua sensibilidade

Soñar o soñado, suspiros desvalixados , bocas morriñentas.. Probablemente os mesmos sentimentos xogando a esconderse na soberbia. Ensaríllanse os razoamentos, mestúranse as dúbidas e esquécese o amor. Dor, temor, sufrimento e por riba de todo…morte. Escuridade magoenta atravesando o túnel dos sentimentos esquecidos. A razón nin falta nin asiste. Repenica o corazón nas noites que comezan a quedarse curtas. A tristeza paséase por cada ollada e a esperanza establécese en ti.
Un saúdo. Tamara.

3 comentarios:

  1. Logófila1:26 a.m.

    Que sería de nós sen as almas que alumean nos tempos de sombra. Para establecer a esperanza. Almas poderosas, xenerosas e sabias. Como Miguel Hernández, como Tamara Gestal.
    Dios te bendiga, muchacha.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo10:19 p.m.

    Son palabras ben fermosas as de Tamara. Grazas rapaza por compartilas. Sigue escribindo así de bonito.

    ResponderEliminar
  3. Fátima11:42 a.m.

    Ai, Tamara, canto me gusta lerte! Será porque me rabuñas a medula e fas que sigas soñando!?
    Admírote! Un abrazo,
    Fátima

    ResponderEliminar